lunes, 25 de mayo de 2009

Cumio Empresarial Mundial sobre Cambio Climático

Dende onte domingo e ata maña reúnense en Copenhague uns 700 empresarios e experteos do clima. Este cumio, organizado polo Consello Climático de Copenhague, en colaboración ca ONU e outros organismos internacionais, ten como obxetivo asegurar o éxito do cumio de decembro no que se pretende chegar a un novo acordo mundial que suceda a Kioto.

Nel estáse a discutir e búscase consesuar medidas concretas sobre como organizar unha economía verde que incluya medidas de adpatación o cambio climático, ademáis doutras cuestións de vital importancia como son a protección forestal e a agricultura sostible.

Neste cumio participa Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU, o cal señalou, na súa conferencia, que EEUU non está facendo o suficiente para reducir as emisións de gases efecto invernadeiro.
O xoves pasado o Congreso estadounidense apuntou recortar para o 2020 os gases efecto invernadeiro nun 17% respecto os niveles do 2005, o cal supón un esforzo claramente menor do que están intentado outros países como é por exemplo o caso da UE.

viernes, 22 de mayo de 2009

Día Internacional da Biodiversidade

España conta con máis do 80% de tódalas plantas vasculares existentes en Europa, e o 50% das especies de fauna europeas y dos espacios considerados prioritarios pola Directiva Hábitats.
En Galicia un total de 74 especies están en perigo de extinción: 49 de flora, 8 invertebrados, 3 vertebrados, 13 aves e un mamífero, así está reflexado no Catálogo Galego de Especies Ameazadas; ademáis neste mismo catálogo 121 especies están consideradas "vulnerables". Entre estas especies atópanse o osos pardo, a águia real, etc.
Temos que ter en conta que cada unha das especies que forman un ecosistemas teñen unha función nel, a perda dun deses actores influe no funcionamento do resto; é por iso que é necesario evitar a perda de especies.
Hoxe día internacional da biodeversidade deixámosche unha mostra da que temos na nosa comunidade.








lunes, 18 de mayo de 2009

Placas solares transparentes

A compañía norteamericana Konarka Technologies Ind lanzou un prototipo de células solares transparentes, que se poden instalar en ventás, como alternativa as clásicas placas fotovoltaicas. A instalación destas é moito máis sinxela e quedan moito máis discretas.
A empresa ideadora destas placas firmou un acordo cunha emplesa constructora para incorporear estas células en algúns materiais de construcción, especialmetne nos cristais das ventás. Así ademáis de optimizar o aproveitametno enerxéricos respétase a estética da casa.
Aínda que esta alternativa pode resultar moi atractiva, ainda hay que sergurir investigando, ya que a vida útil destas células é moito menor ca das placas fotovoltaicas (que son útiles unhos 25 anos); por outro lado o seu nivel de eficiencia é menor, as placas normales de silicio é de aproximadamente un 20% e éstas só alcanzan un máximo do 6%.

miércoles, 13 de mayo de 2009

casas flotantes contra o cambio climatico

Se non podes contra a auga, úneche a ela. Este é a novo lema dos holandeses para lidar coa subida do nivel da auga debido ao cambio climático. Agora na localidade de Maasbommel, ao sueste de Amsterdam, construíronse casas flotantes e anfibias.

Estamos ante unha urbanización única. Aquí en Maasbommel construíronse corenta e seis casas anfibias e flotantes que non se resisten á auga senón que viven con ela. O obxectivo é evitar as inundacións que afectan a zona cada 10 ou 15 anos. A última foi en 1995 e os desbordamentos alagaron o oito por cento do país.

O principio das casas é simple, baséase na construción dun cubo de cemento e no alto un armazón de madeira, onde a parte alta é lixeira e a baixa é pesada. Cando chegue un ascenso do nivel da auga produce que a caixa flote. Para asegurar a estabilidade da zona flotante disponse de mastros amarrados que están na parte dianteira e traseira de cada casa e que facilita a posición horizontal. A clave é buscar novas maneiras de utilizar a auga, nas que haxa un espazo de cohabitación entre as persoas e a auga.

Debido ao cambio climático, as inundacións poderían afectar Holanda nun 15% máis que en anos anteriores. As casas de Maasbommel son, por tanto, unha gran esperanza para o futuro.

martes, 12 de mayo de 2009

O visón americano xa está por toda Galicia e ameaza as aves acuáticas

A presenza e as soltas de visón americano en Galicia, é un perigo para as aves acuáticas, como se reflectiu no parque nacional das Illas Atlánticas. Esta especie da que se documentou unha alimentación a base de crustáceos, peixes, anfibios e pequenos mamíferos, nadou mesmo até illas e illotes do note e sur galaico, onde se fixo graves impactos sobre colonias de aves acuáticas, como o corvo mariño moñudo especie protexida. O visón americano ocupa actualmente en galicia gran cantidade de ecosistemas acuáticos e semiacuáticos, son perseguidos hai anos pero é unha tarefa case imposible erradicalos, xa que ademais de ser grandes nadadores, as súas camadas son máis numerosas que as da especie europea e a maioría destes proveñen da solta deliberada procedentes de granxas de peletería por grupos autodenominados "de liberación animal".

O visón americano leva 40 anos de expansión en Galicia unha vez que o introduciron as granxas peleteras, onde ás veces se produciron fugas masivas. Nun informe de 1991, os biólogos Munilla, Romeu e Joaquín Giménez de Azcárate detectaron o mustélido invasor en áreas do suroeste de Pontevedra, e sinais nos ríos Caselas, Miñor, no río Xuvia e en varios da Terra Chá luguesa. No Mero, conca baixa do Miño e tramo inferior do Lérez era frecuente velos e recolleron testemuños de observacións frecuentes en Pontedeume, Noia, Padrón, Oza dos Ríos, Gondomar, A Guarda, Ponteareas, Vila de Cruces ou Monteporreiro. Aos núcleos estables nos ríos Tea, Lérez e Almofrei uníanse os da península do Morrazo.

miércoles, 6 de mayo de 2009

A enerxía solar empeza a deixarse notar

Á vista dos resultados elaborados pola Rede Eléctrica de España (REE) coas tecnoloxías que cubriron a demanda de abril é histórico para a enerxía solar española, xa que aparece por primeira vez como unha sección representativa da torta do mix eléctrico. Segundo os datos do operador do sistema a súa achega é crecente e chego o mes pasado ao 3,2%.
O conxunto das renovables incluíndo a hidráulica e a solar.
Aos mais de 3.000 MW fotovoltaicos hai que unir a contribución da solar termoeléctrica que ten conectadas á rede 81MW. Por outra banda a eólica achegou o 15,5% en abril. Temos que ter en conta que a demanda de enerxía eléctrica en abril un 13,4%, o que aumenta o peso relativo da produción renovable. Nos primeiros catro meses do ano o consumo eléctrico ha suposto un 8,9% menos que no mesmo período do 2008.

Segundo o Observatorio da Electricidade da organización WWF, destaca que as emisións peninsulares segue baixando (un 32% en abril). Grazas á aposta polas enerxías renovables, a enerxía solar ha conseguido un fito histórico impensable hai poucos anos.

martes, 5 de mayo de 2009

Conseguen convertir CO2 en metanol

Científicos de Singapur logran aproveitar o potencial do dióxido de carbono, para convertilo nun producto enerxético, o metanol.
Utilizando organocatalizadores (sustancias químicas de naturaleza orgánica que aceleran as reaccions químicas) acadaron activar o CO2 nun proceso non tóxico para producir metanol, o cal úsase como biocombustible.

O organocatalizador utilizado (NHC´s) almacénase de forma estable e sencilla, non contén metales pesados e pode porducirse fácilmente e sin elevados costes.

Para os científicos esto supón un gran avance e sobre o cal se vai a seguir investigando; xa que no contexto actual de contaminación atmosférica, o cambio climático e o elevado uso de combustibles fósiles, ésta podería ser unha alternativa enerxética viable e un método efectivo para capturar e converir CO2.