jueves, 30 de abril de 2009

Un ave africana instálase en España a causa do quentamento global

O camachuelo trompetero, un páxaro norteafricano expandese por o sureste peninsular a causa do aumento de temperatura e o descenso de precipitacións provocadas polo cambio climático, así o demostra un estudio levado a cabo polo Consello Superior de Investigacións Científicas, a Universidade de Alacante e a de Oulu de Finlandia.
O camachuelo trompetero é un bo indicador do incremento da aridez do solo da área mediterránea, o que para os investigadores é unha especie moi interesante xa que pode usarse como testemuña dos efectos do cambio global.

A distribución tradicional desta especie, emparentada con xilgueiros e canarios, localízase dende Sáhara Occidental, a través do norte de África. O seu hábitat compóñeno desertos, semidesertos e estepas con pouca vexetación. En España atopouse por primeira vez a finais do século XIX procedente de Marrocos.

Os casos de cólera aumentan co ascenso das temperaturas

Un estudio liderado por investigadores do Instrituo de Saúde Carlos III de Madrid asocia o aumento dos casos de cólera en Zambia cos factores climáticos.
Os resultados confirman que o aumento da temperatura ambiental ambiental seis semanas antes da estación das choivas incrementa un 4.9% o número de persoas afectadas por esta enfermedade.

A investigación levada a cabo entre 2003 e 2006 analizou as tres epidemias de cólera que se produxeron de maneira consecutiva en Lusaka (Zambia). Os resultados mostras que las variables climátolóxicas (choiva e temperatura ambiental) teñen relación co aumento de casos de cólera no período epidémico.

Este estudio afirma que o aumento de 1ºC na temperatura seis semanas antes do comenzo brote explica que o aumento dos casos de cólera aumentase un 5.2%. Si a este aumento se lle une tres semans despois un incremento de 50 milímetros nas precipitacións, estes valors se asociarían con un aumento do 2.5% de risco.
O foco de epidemia de cólera, actualmente, encontrase en Zimbabwe. Dende o inicio do brote en agosto do 2008 ata o 17 de marzo, só neste país notificáronse 91.164 casos, deles 4.037 mortais.

jueves, 23 de abril de 2009

A invasión exótica

Existes preguntas de difícil explicación por exemplo: Como pode chegar unha ameixa de orixe asiática a augas galegas, ou mexillóns procedentes do mar negro?, Como o cultivo dun tipo de bambú pode converterse nunha colleita habitual na nosa comunidade? Pois todo isto presenta fundamentalmente unha única resposta, a intervención directa da man do home, como non!. Especialmente nos últimos anos son numerosos os casos de especies atípicas/ alóctonas que se instalaron na xeografía galega, mostrándose este efecto como unha gran ameaza para a fauna e flora autóctona: producindo variacións xenéticas, introdución de enfermidades, transformación de hábitats?e con iso unha perdida da abundancia e riqueza de biodiversidade. No caso dos grandes ríos galegos o número de especies exóticas rexistradas alcanzan 26 segundo o estudo da confederación hidrográfica do Miño - Sil.

Este fenómeno de invasión por especies exóticas non é exclusiva dos ríos galegos, senón que é un fenómeno global e en certos casos a súa vinculación non é unicamente pola man do home senón que afectan factores como o cambio climático producindo desprazamentos de hábitats e especies. Os ríos galegos son un idóneo caldo de cultivo para a presenza de especies que nada teñen que ver coa biodiversidade galega como o lucio, o peixe mosquito, a perca americana ou a troita arcoiris. Ademais dos peixes, os outros exemplos de fauna que están a causar “impactos relevantes” son o cangrexo vermello americano ?destrúe a vexetación, é un depredador voraz e porta a afanomicosis, a principal causa da desaparición do cangrexo de río autóctono, a ameixa chinesa ou o visón americano, introducido no medio natural a través dos exemplares que escapan das granxas peleteras e que tamén se considera un depredador moi potente e un vehículo de transmisión de enfermidades. No catálogo das especies máis problemáticas que afectan á súa conca, a Confederación Hidrográfica do Norte inclúe o coñecido mexillón cebra. En canto a flora de ribeira débese a unha introdución accidental que se une neste caso a importación para cultivo, o aproveitamento forestal e o uso ornamental. As máis representativas e estendidas, sobre todo nos tramos medio e baixo dos ríos, son a cabeleira da raíña, a herba da pampa, a orella de gato ou amor de home, a herba de coitelo e, como non, o sempre polémico eucalipto.

Os expertos falan de catro posibles vías de entrada para as especies exóticas nos ríos da comunidade e no resto de España. As introducións intencionadas, os movementos e o transporte en embarcacións, as actividades asociadas á acuicultura e a interconexión entre concas hidrográficas. As especies exóticas invasoras son xa a segunda causa de perda de biodiversidade segundo a Unión Mundial para a Natureza. O golpe que supoñen para os hábitats e a biodiversidade. Pero hai outro, toda unha dor de cabeza para as Administracións, que é o económico. Producindo perdidas de ingresos até o supor elevados custos económicos para o seu control. No primeiro caso, polos danos que provocan na produtividade agraria polas pragas, os prexuízos ás infraestruturas ou a contaminación de produtos que se comercializan.

miércoles, 22 de abril de 2009

Día mundial da terra

Hoxe 22 de abril conmemóranse 39 anos do Día Mundial da Terra, e a idea de celebralo derívase da intención que tivo un grupo de persoas de crear consciencia no coidado do medio ambiente, e a necesidade de compatibilizalo cun desenvolvemento sustentable.

A iniciativa foi impulsada pola primeira manifestación que levou a cabo en prol ecosistema, tendo como principal autor ao senador estadounidense Gaylord Nelson, a este proxecto uníronse dous mil casas de educación superior, 10 mil escolas e centos de representantes da sociedade daqueles tempos, iso para loitar pola creación dunha axencia ambiental. Foi tanta a presión exercida polos manifestantes, que o goberno norteamericano tivo que instaurar a Environmental Protection Agency (Axencia de Protección Ambiental) seguida de varias lexislacións.

Nelson estableceu este día co obxectivo de facer reflexionar acerca dun problema en común: a contaminación, por medio da defensa continua da biodiversidade ademais doutros temas que naquela oportunidade e actualmente afectan ao mundo. á súa vez apuntou cara á toma de conciencia por parte do home, en prol dunha mellor calidade de vida coa utilización adecuada dos recursos naturais.

jueves, 16 de abril de 2009

O correo "Basura" favorece ao cambio climático

Unha famosa empresa especializada no desenvolvemento de programas de seguridade informática, presentou un estudo no que obtén como unhas das conclusións que os correos lixo (spam) non son só unha molestia na rede senón que prexudican ao medio ambiente e contribúen ás emisións de gases de efecto invernadoiro.

No estudo calculouse que a cantidade de enerxía utilizada en todo o mundo anualmente para transmitir, procesar e filtrar o spam alcanza os 33.000 millóns de quilowatts hora (KWh) ou 33 teravatios hora(TWh). Isto equivale á electricidade que empregarán 2, 4 millóns de fogares e ás emisións producidas por 3,1 millóns de coches. Demostrando a existencia dunha relación ente a enerxía consumida polos spam e as emisións de carbono, xa que por agora os combustibles fósiles coa principal fonte de electricidade no mundo.

Principais conclusións do estudo

  • A media das emisións de gas de efecto invernadoiro asociadas a unha única mensaxe de spam son de 0.3 gramos de CO2, cifra equivalente a percorrer un metro de distancia en coche.
  • Os países con máis conexión e usuarios de Internet, como Estados Unidos e India, adoitan ter, proporcionalmente, máis emisións por cada usuario de correo electrónico.
  • Mentres que Canadá, China, Brasil, India, Estados Unidos e Reino Unido tiveron un consumo de enerxía similar por spam e país, Australia, Alemaña, Francia, México e España tiveron un 10% menos.
  • España é o país coa porcentaxe máis baixa, xa que destaca como un dos países que recibe unha menor cantidade de spam e a cantidade máis pequena de enerxía usada por spam e usuario de correo electrónico.
Fonte: Publico.es

lunes, 13 de abril de 2009

Obama estuda manipular o clima para loitar contra o quecemento global do planeta

Unha forma de facelo podería ser arrefriar o aire lanzando contaminantes á atmosfera que reflectisen parte da luz solar. John Holdren, o principal asesor científico do presidente estadounidense Barack Obama, afirmou o mércores nunha entrevista que a Casa Branca sopesa manipular o clima para loitar contra o quecemento global.
Holdren, que é físico e foi presidente da Asociación Americana para o Avance das Ciencias, é un dos máis preocupados polas consecuencias do cambio climático. Na entrevista afirmou que se están estudando ideas moi extremas só por se se producisen momentos clave no proceso do quecemento. é dicir, de non retorno por exemplo se se produce un gran desxeo antártico, as consecuencias serían tan catastróficas que esixirían unha rápida actuación. Unha forma de facelo podería ser arrefriar o aire lanzando contaminantes á atmosfera que reflectisen parte da luz solar. Así, a calor sería devolto ao espazo sen permitir que chegase á terra. Estas medidas de xeoinxeniería teñen moitos detractores xa que non se descoñecen os posibles efectos negativos que poden supor accións desta envergadura.

miércoles, 8 de abril de 2009

Neil Young publica un disco a favor das Enerxias Renovables

O famoso rockeiro acaba de publicar un disco co que desexa concienciar aos seus seguidores da necesidade de reducir a nosa adicción ao petróleo e frear o cambio climático. Se Living with war (2006) foi o seu manifesto pacifista en tempos da guerra de Iraq, con este novo traballo, Fork in the road, Neil Youg sitúase rotundamente a favor das enerxías renovables.

Fork in the road é un disco conceptual sobre un personaxe que conduce un vello coche polas longas estradas norteamericanas. Pero en vez de queimar gasolina o vehículo funciona con enerxía eléctrica. E é que Neil Young propón a electricidade como solución para adaptarse ás novas esixencias do planeta sen ter que renunciar ao pracer de conducir.

Son, en total, dez cancións, que soan acompañando a viaxe do cantante e guitarrista canadense no seu vello-novo Lincoln Continentel eléctrico entre Wichita (Kansas) e Washington DC. Os críticos musicais engaden que, tal vez, trátese do disco máis fresco e menos elaborado de todos os publicados por Neil Young na presente década. Outra mostra da continua integración da sensibilización sobre o cambio climático e as medida de mitigalo noutro sector de gran difusión.