lunes, 23 de febrero de 2009

O pobo austríaco de Güssing xenera toda a enerxía que precisa con fontes renovables

Güssing é un pobo duns 4.000 habitantes, capital da comarca do mesmo nome, onde viven preto de 30.000 persoas. Situado ao oeste de Austria, preto da fronteira húngara, nos últimos vinte anos pasou de ser unha zona subdesarrollada a converterse no modelo de referencia europeo para a produción local de enerxía e o crecemento económico que se deriva deste sector.
En 1988, Güssing era unha das áreas máis pobres de Austria. Non tiña ningún tipo de industria nin actividade comercial que proporcionase traballo estable, máis aló dunha agricultura básica de maíz, girasoles e madeira. A maioría da poboación ía traballar a outras cidades (Viena, sobre todo), e as taxas de emigración eran moi elevadas. Tampouco había ningunha infraestructura que facilitase as comunicacións: nin tren, nin autovía. Con estas condicións, a rexión tiña graves problemas para pagar os preto de seis millóns de euros anuais de combustible que utilizaban para ter electricidade e calefacción.

A principios dos anos noventa, decidiron poñer fin a esta situación. Tiñan que deixar de lado os combustibles fósiles, chegados de fóra, e empezar a xerar enerxía con recursos propios e renovables. Deste xeito, ademais de aforrar e reducir emisións, o diñeiro se reinvertiría en casa e activaría a economía da comarca. De entrada, revisáronse todos os edificios públicos para optimizar o uso de enerxía, e conseguiron reducir o consumo un 50%. Despois, prohibiron o uso de enerxía proveniente do gas e do petróleo de importación.

Actualmente, e desde o ano 2001, xeran toda a enerxía que necesitan, alí mesmo e con fontes renovables. E aínda lles sobra para vendela ás rexións veciñas. Actualmente en Güssing hai 35 plantas de produción energética, que crean unha rede coordinada pola ökoEnergieland e o Centro Europeo de Enerxías Renovables, financiados pola Unión Europea. Güssing foi a primeira zona europea en deixar de depender da enerxía exterior, e converteuse no espazo de experimentación de referencia na xeración de enerxía local, co obxectivo de atopar os modelos máis adecuados que poidan aplicarse a outros lugares europeos.

Nunha primeira etapa, na década dos 90, centráronse na produción de calefacción por distritos -a primeira planta xeradora abastecía tan só a 27 vivendas- a partir da biomasa, e tamén en facer biodiesel de colza. A partir do ano 2000 empezouse a producir electricidade a partir da biomasa, e a investigar as posibilidades da gasificación. Tamén se expandieron as estacións de enerxía eólica e a solar, tanto con finalidade térmica como tamén, últimamente, fotovoltaica.

Con todo iso, non só deixaron de depender das importaciones de combustibles, co aforro directo que isto representa, senón que actualmente teñen uns excedentes de produción que xeran beneficios millonarios, que se volven a investir para seguir investigando as posibilidades das enerxías renovables

Växjö cidade referente no uso de enerxías renovables

Agora mesmo a enerxía renovable cubre xa máis dun tercio das necesidades da cidade, e teñen previsto chegar ao 50% en 2010.
Växjö é unha cidade de preto de 85.000 habitantes, situada ao sur de Suecia, rodeada de bosques e grandes lagos e conta cunha pequena universidade. Ademais ten unha peculiaridade; converteuse nun dos centros de referencia na implantación de enerxías renovables, tanto a nivel teórico -a universidade ten varios especialistas en bioenergía- como, sobre todo, práctico.
Agora mesmo a enerxía renovable cobre xa máis dun terzo das necesidades da cidade, e teñen previsto chegar ao 50% en 2010. En 2007 Växjö recibiu o premio -entre moitos outros logrados nos últimos anos- da Unión de Cidades Bálticas que a cualifica como a cidade máis "verde" de Europa.
Suecia decretou unha campaña global contra o petróleo: cada ano conseguen reducir a emisión de CO2 mediante a sustitución de combustibles fósiles por enerxías renovables. Na cidade de Växjö baixaron o consumo un 32% per cápita entre 1993 e 2007. E todo iso, sen deixar de crecer económicamente, porque, de feito, a economía da cidade aumentou nun 50% neste periodo.
Unha das claves principais para esta drástica redución de emisións de CO2 foi o cambio nos sistemas de calefacción nun área onde o consumo, debido ao tipo de clima que soportan, é obviamente moi elevado. Neste momento, o 90% desta enerxía térmica obtense a partir da biomasa. Basicamente utilízase leña da mesma área, proveniente dos bosques dos alrededores nunha explotación controlada deste recurso natural, e gestionada segundo criterios que permiten certificarla como madeira sostenible. Os combustibles fósiles quedaron relegados así só para os vehículos de motor, aínda que cada vez increméntase máis o uso de biodiesel e se incentiva aos cidadáns para que compren coches de baixas emisións.
Máis dun tercio da electricidade do municipio de Växjö provén agora de plantas locais con sistemas de xeración de fontes renovables, como a mesma biomasa, pero tamén biogás -producido na mesma cidade- e enerxía eólica e solar, con novas placas os tellados dos edificios de titularidad pública. E non só se incide en substituír unhas fontes energéticas máis contaminantes por outras máis respetuosas co medio, senón que se fai un gran esforzo para reducir o seu consumo total, xa sexa mediante sistemas de eficiencia energética no alumado público, a regulación da construción de edificios para esixir que sexan energéticamente eficientes, ou a creación de máis carriles para bicicletas, máis percorridos dos transportes públicos e unha flota de coches de uso compartido que teñen aparcamiento gratuito. Ademais, a difusión de todas estas medidas e a educación da poboación para que sexan máis responsables ambientalmente conseguiu a implicación de boa parte dos cidadáns.

viernes, 20 de febrero de 2009

Pode das renovables

As emisións de dióxido de carbono (CO2) do sector eléctrico reducíronse un 14 % durante o mes de xaneiro, grazas ao uso de enerxías renovables, que impulsaron os niveis de xeración de enerxía hidráulica e eólica.
Con estes datos recoméndase unha mobilización para implantar unha lei que sirva para facer fronte á crise global e para establecer un modelo enerxético alternativo e que resulte sustentable e comprométase coa protección do medio ambiente.

Demostrouse que as enerxías renovables conseguen reducir os niveis de CO2 na atmosfera, recortando gastos enerxéticos e xerando emprego, só falta unha correcta integración dos gobernos nesta aposta.
A misión en España é alcanzar no 2020 un consumo de enerxía primaria dun 30% sobre proveña de fontes alternativas, e no caso da electricidade esta porcentaxe poida alcanzar preto de 45%.
O uso de enerxías limpas reflíctese nun aforro de 90 millóns de euros por importacións de gas no ultimo mes, un incremento do 56% en produción hidráulica e do 28% en cólica respecto ao mesmo período de 2008, así como un rexistro do 3,5% nas exportacións netas enerxéticas en España.
Co momento económico actual, as renovables son claves para reducir o déficit enerxético español e inciden en que sexa a Administración quen implante a súa utilización de modo oficial para alcanzar un modelo verdadeiramente sustentable.

jueves, 19 de febrero de 2009

A lei de residuos multiplicase

Hoxe entra en vigor a Lei de Residuos de Galicia, a primeira que os regula dun modo integral, xa que a anterior, do ano 1997, abarcaba unicamente os residuos sólidos urbanos. A nova norma persegue dous obxectivos fundamentais: impulsar a redución, a reutilización e a reciclaxe, e acabar coa crenza, bastante estendida, de que é máis barato contaminar que pagar as multas derivadas da vertedura de residuos.

As sancións sofre un incremento considerable respecto a lei anterior, sendo maior en casos mais graves. Na lei de 1997 as sancións graves oscilaban entre os 60.000 e os 300.000 euros, coa nova lexislación estas infraccións poderían alcanzar os dous millóns de euros. En concreto, a lexislación recolle que en ningún caso a multa resulte beneficiosa para o que cometa a infracción.
As infraccións máis graves van acompañadas doutras medidas, chegar a executar inhabilitación que poden alcanzar unha duración máxima dun ano, tamén todas as persoas que sexan sancionadas con dúas infraccións non optará a ningún tipo de axuda da Xunta. Doutra banda as infraccións máis pequenas presentarán multas menor contía, cun máximo de 602 euros, chegando coa anterior lexislación a 1500 euros, tamén algunhas das sancións leves poderá sancionarse coa prestación de servizos de limpeza por parte do infractor.

miércoles, 18 de febrero de 2009

Cargador único

As principais compañías acordan o lanzamento dun cargador universal de batería que aforrará o 50% de enerxía. A partir do 1 de xaneiro de 2012, todos os móbiles virán equipados cun cargador de batería universal, independentemente do modelo e a marca. A conexión será micro-USB, a que utilizan xa a maior parte dos computadores e outros equipos como cámaras e DVD, e a máis estendida tamén entre os móbiles. Os 17 principais fabricantes e operadores de móbiles alcanzaron un acordo para pór fin á multiplicidad de cargadores que suporá unha mellora para o consumidor e importantes aforros ambientais.
O cargador non só terá un único conector USB senón que incorporará a última tecnoloxía que lle permitirá aforrar o 50% da enerxía que consomen os actuais cargadores cando están enchufados. O impacto ambiental tamén será drasticamente menor. Estímase que en 2008 foron vendidos 1.200 millóns de móbiles en todo o mundo, dos que entre o 50% e o 80% foron para substituír terminais antigos. Iso equivale a entre 51.000 e 82.000 toneladas de cargadores refugados cada ano.
C
abe destacar o importante papel que xoga a industria de telefonía móbil en materia medioambiente, e este programa é un paso transcendental no aforro de recursos, ademais da mellora e a comodidade que suporá para millóns de consumidores. Prevese que en 2012, o 75% dos novos móbiles que comercialice a compañía vingan equipados co novo cargador. En España, véndense cada ano 20 millóns de terminais, e os operadores chegaron a un acordo para recoller os terminais e as baterías en desuso.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Australia en chamas

Cos eucaliptos en chamas e o custo de vidas dos peores incendios en Australia aumentando a case 200, as recriminacións de responsabilidades comezaron.

Australia ten a forza de bombeiros maior do mundo, mellor equipada e máis experimentada, apoiada por centos de avións que bombean auga e cun prestixio cobizado no exterior. Un capitán do corpo, David McGay, defende o traballo marca do seu equipo, fronte ás críticas, alegando que se viu sinxelamente superado. O propio capitán explica que: "mesmo se tivese 20 equipos todo o que ocorrería é que teriamos tamén 50 bombeiros mortos, eu incluído", dixo. Segundo McGay, despregaría máis homes, de telos. "Pero no último momento retireinos porque ían morrer", xustificou.
Os expertos apoian a McGay e os seus compañeiros. O día máis caloroso da historia de Melbourne, con ventos do centro do continente e 12 anos de choiva por baixo da media provocaron a catástrofe provocaron o “armageddon” non podería evitarse, xa que o sábado pasado foi un dos días con peores condicións para propagación de incendios da historia obtendo 40Km en só 12 horas.

Esta traxedia mostra que o clima en Australia cambiou e agora sabemos todos canto podemos perder se non logramos un acordo de acción sobre o clima mundial. Expertos mostran a necesidade de que o Goberno de Australia expóñase a redución das emisións de gases contaminantes en porcentaxes maiores ao 5% sobre os niveis de 2000. A meta gobernamental é menos ambiciosa que o informe do Profesor Ross Garnaut e que recomendou un recorte de polo menos o 25% até o 2020, unha meta que tamén foi cualificada como insuficiente por grupos ecoloxistas.

Un dos científicos que traballaron con Garnaut nese informe, David Karoly, explicou esta semana que a onda de calor vivida este ano en Australia non ten precedentes e non poden explicarse coa chamada “variabilidade natural”. Científicos da Organización para a Investigación Industrial e Científica de Australia (CSIRO) concluíron que os días con temperaturas durante o verán australiano pasarán de seis a vinte a partir de 2050.

martes, 10 de febrero de 2009

Bioetanol de millo perxudicial

A produción e combustión de bioetanol procedente do cultivo de millo causa máis riscos á poboación e maiores custos sanitarios que a contaminación derivada do uso da gasolina. Pola contra, o etanol de celulosa resultaría o máis beneficioso dos tres para a saúde e o medio ambiente, segundo un estudo realizado por científicos norteamericanos.

David Tilman, coordinador do estudo e profesor do departamento de Ecoloxía, Evolución e Comportamento da Universidade de Minnesota (Estados Unidos), afirmaba que “até agora, o debate ao redor dos biocombustibles centrouse principalmente nos gases de efecto invernadoiro, pero hai moitos outros impactos, positivos ou negativos, que non están incluídos, por iso eliximos tamén a saúde”.
O estudo leva por título Climate change and health costs of air emissions from biofuels and gasoline e acábase de publicar na version en Internet da revista Proceedings of the National Academy of Sciences. Os investigadores cuantificaron os custos económicos dos efectos sobre o cambio climático e a saúde provocados polos gases de efecto invernadoiro e as partículas finas en suspensión (PM 2,5) da gasolina, o etanol a partir de millo e o etanol de celulosa.
A conclusión máis notoria é que por cada 3.800 millóns de litros producidos e posteriormente queimados en vehículos en Estados Unidos, eses custos foron de 469 millóns de dólares no caso da gasolina, entre 472 e 952 millóns no do etanol e de 123 a 208 millóns para o etanol de celulosa. As variacións nos dous biocombustibles débense á diferenza nos procesos de produción e na materia prima empregada, respectivamente.
O millo require abonos nitroxenados e algúns se volatilizan no aire que atraen partículas de po formando partículas de 2,5 micras que presentan importantes repercusións negativas para a saúde.