viernes, 31 de octubre de 2008

XOGO HUMANITARIO


O videoxogo educativo "Food Force", cuxa finalidade é axudar á nenez e á mocidade a aprender o que significa o flagelo da fame no mundo, lánzase mañá na súa versión en español.

A presentación realizarase durante o Campus Party Iberoamerica, un evento que reúne a máis de 600 membros do sector da tecnoloxía e a ciencia de toda Iberoamérica, como actividade paralela ao cume.

O Programa Mundial de Alimentos (PMA) das Nacións Unidas e a Fundación Cidade do Saber (FCDS), que patrocinan o lanzamento do videoxogo en español, instalarán un módulo de exhibición na sede do Cume Iberoamericano, para que os asistentes poidan xogar.

Neste videoxogo, o xogador ten que integrarse a un equipo de emerxencias do PMA e realizar unha serie de misións, entre as que se atopan voar en helicópteros para detectar onde hai persoas con fame que foxen da guerra e as secas, preparar racións balanceadas e nutritivas de alimentos, lanzar con precisión un cargamento de alimentos desde un avión do PMA ou liderar unha caravana de camións con alimentos por un terreo perigoso.
Un ano despois da súa presentación en inglés en 2005, Food Force fora descargado gratuitamente por 4 millóns de usuarios de 200 países, segundo fontes do PMA. Iso levou a esa organización de Nacións Unidas a traducir o videoxogo a 13 idiomas.

O PMA, a axencia humanitaria máis grande das Nacións Unidas, considera que é importante educar e concienciar a toda a poboación sobre a "invisibilidad" da fame e a desnutrición que na actualidade afecta a 923 millóns de persoas no mundo, das cales máis de 52 millóns viven en Iberoamerica.

FONTE: EFE

miércoles, 29 de octubre de 2008

O CAMBIO DE BOTELLA

A delegada de Medio Ambiente de Madrid, Ana Botella, presentou esta mañá o programa educativo infantil "para loitar contra o cambio climático" no colexio San Agustín, e fíxoo apenas unha semana despois de que o seu marido, José María Aznar, dubidase da existencia deste fenómeno e denunciase que a ecoloxía é o "novo comunismo". Con Botella sentada na primeira fila do auditorio.

Os alumnos do San Agustín puideron coñecer de primeira man unha serie de trucos e hábitos "fáciles de seguir", que hai que procurar aplicar "sempre" e cos que "podemos coidar cada un o mundo que habitamos", dixo a delegada, que fixo dúas recomendacións básicas aos nenos: "reciclar e aforrar enerxía". Os videoxogos, destinados a nenos de entre seis e dez anos, describen a historia dos sustentables, uns extraterrestres que se viron obrigados a saír correndo do seu planeta porque estaba tan contaminado que se volveu inhabitable. Estes seres, simpáticos, amables e pacíficos, aprenderon a lección e agora queren ensinar aos humanos a coidar a Terra para evitar que lles suceda o mesmo que a eles. Os sustentables pretenden que a súa mensaxe ambiental cale en todos os terrícolas, especialmente nos chamados infogales que, identificados cun casco que lles impide ver, son seres humanos especialmente tercos, irresponsables e insensibles ao coidado do medio ambiente. Pero xogando mesmo os infogables aprenden condutas sustentables e convértense en humanos sensibles.

Hai seis días, a propia Botella aplaudiu en primeira fila o discurso do seu marido contrario aos postulados da ecoloxía. José María Aznar, o presidente do Goberno que asinou o Protocolo de Kioto en 1998 para loitar contra o cambio climático, cargou contra "os abanderados da apocalipse climática", aos que acusou de querer restrinxir a liberdade baixo unha apariencia nobre. Aznar falou así na presentación do libro Planeta azul (non verde) do presidente checo, Václac Klaus, que nega a gravidade do quecemento climático e que editou FAES, curioso...en fin, cosas do matrimonio!

O Ártico bate o seu segundo record en perda de grosor

Unha investigación publicada recientemente en 'Geophysical Research Letters' revela que o último inverno o xeo de grandes áreas do océano boreal perdeu até un 19 por cento do seu espesor.
As medicións facilitadas polo satélite Envisat, da Axencia Espacial Europea (ESA), confirmaron as sospeitas. O ano 2007 non foi só catastrófico polo colapso estival da banquisa ártica - marca histórica-; tamén o inverno marcou un fito negativo desde que existen os rexistros. Na estación na que a superficie do mar ártico volve xearse, o grosor medio do xeo foi un 10 por cento menor - uns 26 centímetros- que a media do último lustro. En áreas concretas do Ártico occidental o adelgazamento da capa alcanzou os 49 centímetros.
Os cambios no espesor do manto de xeo ártico son cruciais para coñecer mellor a evolución xeral do océano setentrional e como inflúe na perda de extensión debida ao incremento das temperaturas, o réxime de correntes e ventos mariños.

O altímetro incorporado no Envisat proporciona a terceira dimensión ás imaxes satelitales que xa documentaron o dramático declive da superficie do Ártico cuberta polo xeo. Este verán alcanzouse a segunda marca de desxeo estival, a pouca distancia do límite crítico do ano pasado As últimas medicións obrigaron a revisar as peores expectativas sobre un desxeo total do Ártico durante os meses de verán. Para algúns dos máis prestixiosos institutos de investigación polar, este efecto dramático do cambio climático podería ser realidade antes de 2030. O Ártico está inmerso nun proceso de declive imparable. A alza das temperaturas funde cada vez maior superficie de xeo mariño e durante o inverno o xeo estacional non engrosa o suficiente para converterse en xeo vello, capaz de aguantar as fluctuaciones plurianuais da banquisa.

Fonte: La Voz de Galicia

Co ritmo de consumo que levamos no 2030 necesitaremos dous planetas

O Fondo Mundial para a Natureza, sinala no seu último informe Planeta Vivo que máis de tres cuartas partes da poboación mundial vive en países cuxos niveles de consumo levan a dianteira á renovación ambiental.
O estudo conclúe que o consumo imprudente de "capital natural" está a pór en perigo a prosperidade futura do planeta, con claros impactos económicos como a subida do custo de alimentos, auga e enerxía.
"Se as nosas demandas sobre o planeta continúan aumentando ao mesmo nivel, para mediados da década de 2030 necesitariamos o equivalente a dous planetas para manter o noso nivel de vida", dixo o director xeral de WWF Internacional, James Leape.
O traballo indica que a "pegada" ou desgaste ambiental supera agora a capacidade do planeta para rexenerarse nun 30 por cento. Por países, Estados Unidos e China son os que máis desgaste ocasionan, segundo WWF.
Estados Unidos e Australia figuran entre os cinco países coa maior taxa de impacto ambiental por persoa, xunto cos Emiratos Árabes Unidos, Kuwait e Dinamarca.
No outro extremo da lista atópanse Bangladesh, Congo, Haití, Afganistán e Malaui, dixo WWF. Por rexións, só a Europa extracomunitaria, África, Latinoamérica e o Caribe seguen nos límites da "biocapacidad".
Jonathan Loh, da Sociedade Zoológica de Londres, sinalou que as dramáticas perdas ecolóxicas por mor da contaminación, a deforestación, a sobrepesca e a conversión de terras estaban a ter un impacto grave. E concluíu que "As consecuencias dunha crise ecolóxica mundial son aínda máis graves que a crise económica actual".

viernes, 24 de octubre de 2008

os nenos debuxan o cambio climatico

Paint for the planet é o título da exposición que pode verse desde hoxe na sede central da ONU en Nova York e que mostra unha selección dos preto de 200.000 debuxos de nenos de entre 8 e 15 anos de todo o mundo que participaron nun concurso de pintura dedicado ao cambio climático organizado por Nacións Unidas.

Os debuxos van acompañados de mensaxes dos menores para salvalo planeta e poderán verse até o próximo 18 de novembro. Como exemplo temos a obra de Renee Wang, un neno estadounidense de tan solo 13 anos, e que expresa sua postura ante o cambio climático "Se da nosa xeración depende o futuro do noso planeta, entón os líderes do mundo deben ser os nosos modelos e amigos. eles deben contarnos as súas preocupacións, servirnos de guía, tomar iniciativas, pero ao mesmo tempo ser persoas nas que confiar. Pedimos a berros un cambio. Cando se producirá”.

Algúns destes debuxos poranse á venda nunha poxa, onde se poderá poxar por Internet e os beneficios obtidos irán destinados ao Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) para axudar aos nenos afectados polos desastres naturais consecuencia do quecemento global.

Mire usted señor Aznar

Antonte o expresidento do goberno José María Aznar declarou: "Non é prudente destinar miles de millóns a causas tan cientificamente cuestionables na súa viabilidade como ser capaces de manter a temperatura do planeta Terra dentro dun centenar de anos e resolver un problema que quizais, ou quizais non, teñan os nosos tataranietos". Aznar fixo esta declaración na presentación do libro Planeta azul (non verde) (escrito por Václav Klaus, xefe do estado da República Checa) no cal ponse en dúbida a realidade do cambio climático e que a actividade humana sexa culpable do quecemento global; ademáis considera que estamos ante unha "catastrofe global" debido as medidas que os gobernos están adoptando para loitar contra él.

Outras das cousas que dixeron foi que os defensores da loita contra o cambio climáticos somos os fundadores "dunha nova relixión", "sen base científica" e que "atenta directamente contra a liberdade das persoas".
Mire usted, señor Aznar, os defensores do cambio climático non somos nin creadores dunha relixión nin nada polo estilo (cada un ten a súa e quen non a teña é totalmente respetable), basámonos en estudios científicos (contrastamos resultados) e, a liberdade das persoas é unha das bases do desenrolo sostible.

As medidas de loita contra o cambio climático (creo que escoitou algo, pero non leu) consisten non só en evitar que a temperatura da terre aumente, como se está demostrando que está sucedendo nos últimos anos (causas natuais, causan antropoxénicas? xa se verá), sinon tamen en adaptarnos o aumento que xa está demostrado que hay. En canto a inversión económica para este fin, non sei se sabe que todo o que comemos sale do sector agrogandeiro (un dos máis afectados polo cambio climatico) e a auga, recurso sen o cal non podemos vivir, tamen se ve afectada polo cambio climático. Deixar os nosos descendentes o planeta nas mellores condición para vivir é unha das nosas responsabilidades.

miércoles, 22 de octubre de 2008

aforro vigués!

O consumo de auga e a súa calidade son unhas das principais preocupacións ambientais deste século, por iso, calquera iniciativa que colabore coa causa será vista con bos ollos. Por exemplo, atopámonos co municipio de Vigo que o ano pasado conseguiu aforrar 2,5 millóns de metros cúbicos de auga, para facernos unha idea, a auga necesaria para abastecer durante todo un ano a unha poboación media de 34.000 habitantes.

A rebaixa da presión nocturna foi fundamental para lograr ducho aforro, a incorporación dun novo sistema permite que a presión aumente nas horas de maior demanda e diminúa no horario nocturno, coincidindo coa menor demanda diaria. Este sistema provoca unha diminución das roturas, entre un 30 e 40%, e por conseguinte unha reducción das perdas de abastecemento. Outra medida tomada foi a colocación de contadores nos edificios municipais da cidade, os cales dispoñen de auga gratuíta e deste xeito controlan o seu consumo.

A tendencia este ano continua bixando, rexistrando ata o día de hoxe unha redución do 2% o que sitúa o consumo municipal en 36 millóns de metros cúbicos. De seguir esta tendencia o consumo de auga vigués poderá chegar aos 3,2 millóns respecto ao 2006.

Por último, sinalar que con medidas simples pódese obter grandes obxectivos e que as accións a nivel local poden supor un cambio a nivel global producindo cambios que nos afecten a todos, por iso considérase crucial a execución de boas prácticas desde os nosos propios fogares, asique non sexas menos que Vigo.