miércoles, 19 de mayo de 2010

Galicia forma parte da Rede Europea da Paisaxe

A nosa Comunidade Autónoma , dende o 17 de maio, forma parte da Rede de Entidades Locais e Rexinais para o desenrolo do Convenio Europeo da Paisaxe (RECEP).
Así, Galicia asume unha serie de compromisos que se resumen en protexer a riqueza e mellorar a calidade da paisaxe da nosa Comunidade dentro dos criterios que establece o convenio europeo, e que en Galicia centraranse no desenrolar as disposicións contidas na Lei da Paisaxe (aprobada o 7 de xullo do 2008, Lei 7/2008 de protección da paisaxe de Galicia).


As institucións incorporadas a rede comprométense a levar a cabo políticas activas para identificar e calificar as diferentes paisaxes existentes no ámbito e establecer obxectivos de calidade e paisaxisticas para cada un dos modelos catalogados.

O Convenio Europeo da Paisaxe

Este convenio aprobouse no ano 2000 en Florencia. O obxectivo xeral do mesmo é animar as autoridades públicas a adoptar políticas a escala local, rexional, nacional e internacional para protexer, planificar e xestinar as paisaxes europeas con vistas a conservar e mellorar a súa calidade e levar o público, as instalacións e as autoridades locais e rexionais a recoñecer o valor e a importancia da paisaxe e a tomar parte nas decisións públicas relativas o mesmo.

O novo plan do litoral de Galicia, estase olvidando dos obxectivos desde convenio?

martes, 18 de mayo de 2010

España recibe unha certificación EMAS pola xestión ambiental dos seus edificios en Bruselas

O "Complexo de España" comprende os edificios da Representación Permanente de España ante a UE, da Representación ante o Consello da Unión Europea Occidental e o Consulado Xeral de España en Bélxica.

España converteuse no primeiro estado membro da UE que obtén a certificación que premia a boa xestión e auditoría ambiental ó recibir a certificación EMAS ó " Complexo España" en Bruxelas.
A ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, recibiu a acreditación no nome do Goberno de España nun acto de entrega no que estivo tamén presente o Director Xeral de Medio Ambiente da UE.
O "Complexo España" agrupa o edificio da Representación Permanente de España ante a UE, da Representación Permanente de España ante o Consello da Unión Europea Occidental e do Consulado Xeral de España en Bélxica.
A ministra Espinosa destacou ó recibir a acreditación que é esencial que as administracións públicas e as institucións europeas dean exemplo nunha Europa onde os aspectos ambientais teñen cada vez máis relevancia e a obtención do rexistro EMAS é unha boa mostra dilo.
Para a ministra o máis importante de conseguir unha certificación EMAS é que se supón o inicio dun proceso permanente no que cada ano as organizacións rexistradas establecen novos retos ambientais que deben alcanzar.
Elena Espinosa concluíu o manifestando o desexo de que a iniciativa da Misión Diplomática española sirva como exemplo e abra o camiño para que outras Misións se lancen a este reto.
Entre as melloras que supuxo acadar a certificación EMAS para o "Complexo España" foron, entre outras, a redución dun 25% do consumo de electricidade por persoa entre o ano 2008-2009, o establecemento dun sistema de reciclaxe para todos os desfeitos que se producen nos tres edificios, o establecemento dun sistema de transporte común para os desprazamentos do persoal ó Consello e o uso de electricidade verde en todo o Complexo.
A certificación obtida por España é o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, Eco-Management and Audit Scheme(EMAS), un sistema posto a disposición de empresas e outras organizacións que, de forma voluntaria, desexan evaluar e mellorar o seu comportamento ambiental.
O sistema EMAS está dispoñible para a participación das empresas dende 1995 e aínda que orixinariamente estaba restrinxido a empresas de sectores industriais, dende 2001 EMAS está aberto a todos os sectores económicos incluíndo os servizos públicos e privados.

EMAS e o COMPLEXO ESPAÑA
O proceso para a obtención da acreditación EMAS comezou en outubro de 2007. Polas características especiais do Complexo, edificios da Administración española en territorio belga, proponse a cuestión de cal debía ser a lexislación aplicable.
A decisión foi someter ó Complexo a ambas lexislacións, e así durante o proceso cumpriuse tanto coa regulamentación belga como coa española. Foi un proceso longo e traballoso que contou coa colaboración de todos e cada un dos traballadores da Misión Diplomática que aportaron o seu pequeno gran de area.
Unha vez que o Complexo implantou o seu Sistema de Xestión Medioambiental e verificou o cumprimento de todos os requisitos marcados no Regulamento EMAS, inscribiuse no órgano competente -o Instituto de Bruxelas de Xestión Ambiental (IBGE)-, o cal o pasado día 27 de abril de 2010 comunicou oficialmente a inclusión do Complexo en dito Rexistro.

martes, 4 de mayo de 2010

A mancha de petróleo segue imparable

O vertido de petróleo comezou o día 22 de abril despois da explosión dunha plataforma petrolífera no Golfo de México, na que ademais morreron 11 traballadores, e a día de hoxe non se puido conter e segue acercándose perigosamente ás costas de Luisiana.
Despois de varios días nos que as labores de limpeza se suspenderan debido ás inclemencias do tempo, as actividades volvéronse a reactivar.
A British Petroleum (BP) está intentando deter a fuga mediante robots submarinos que intentan pechar as válvulas polas que escapan centos de miles de litros de petróleo diariamente, pero ata o momento non tivo éxito.
BP xa comunicou que asumirá o pago de todos os costos derivados do desastre, como esixira Barack Obama, Presidente de EEUU.
Centos de voluntarios xa se puxeron en marcha para poder paliar os danos en zonas que se poidan ver afectadas pola mancha de fuel.

Sancións por maltratar animais

Maltratar a un animal pode supoñer penas de cárcere de entre tres meses e un ano, pero na práctica non se dou ningún caso en España. En canto ás multas e sancións económicas, en ocasións alcanzan os 20.000 €, mentres que outras non pasan de cifras "ridículas" en comparación co dano causado.
Os expertos en dereito e defensa animal reclaman unha mellora da lexislación e o recoñecemento do dereito dos animais á vida e non a sufrir.

O Código Penal prevé pena de cárcere en certos supostos de maltrato animal, así coma multas en outros. No artigo 337 sinala que se castigará "con pena de prisión de 3 meses a 1 ano" a quen maltrate "con asañamento" e de maneira inxustificada a animais domésticos ata causarlles a morte ou provocarlles lesións, con "un grave menoscabo físico".

En España non se ingresa na cárcere si se condena a un cidadán por primeira vez a unha pena inferior a 2 anos, aínda que terá antecedentes penais e, si ten causas pendentes ou cumpriu penas de cárcere, debería acatar a pena ditada polo xuíz.

En canto ás multas dependen do tipo de animal e da denuncia. Na actualidade as multas vía administrativa son máis altas, xa que poden ascender ata 15.000 €, mentres que nas multas vía xurídica son "ridículas", segundo Matilde Cubillo, presidenta da Federación de Asociacións Protectoras e Defensa Animal da Comunidade de Madrid (FAPAM).
Pola súa parte, as comunidades autónomas contan coas súas propias leis sobre a protección animal, con diversas infraccións e sancións económicas.

Os expertos sinalan a falta de datos concretos sobre o número de delitos e infraccións cometidos contra os animais en España. Os delitos máis comúns son os dirixidos a cans de caza en instalacións ilegais e en condicións "horribles" e, en xeral, o abandono. A presidenta de FAPAM destaca os galgos, "raza máis maltratada en España", que morren aforcados, dun tiro ou atropelados. Outros casos son os que se producen en granxas gandeiras, en circos ou en tendas de animais, entre outros.

Dende o punto de vista da legalidade vixente, os animais non teñen dereitos, senón que o seu status é o de propiedade e, como tales, hai diversas leis que os protexen. Ademais do sinalado no artigo 337 do Código Penal, tampouco está permitido abandonar a animais domésticos, nin mantelos en instalacións que carezan de condicións hixiénicas axeitadas.
Aprécianse diferencias entre animais domésticos, de compañía e salvaxes. As actuais leis afectan, sobre todo, ós animais de compañía, pero os animais domésticos ademais das leis españolas, contan con certos puntos lexislados no ámbito europeo. Os exemplares da fauna silvestre só están cubertos si son especies protexidas.

En xeral ningún país ten normas avanzadas, pero si hai algúns que prohibiron determinadas prácticas que supoñen a morte e o sufrimento. Por exemplo, Suecia e Finlandia prohibiron os circos con animais e en Alemaña os animais teñen os seus dereitos recollidos na Constitución.

Ca lexislación actual é posible perseguir os delitos pero esta aínda é insuficiente. Algunhas leis de protección animal quedaron anticuadas. Recoméndase unha lei marco de Protección animal que unifique as 17 leis actuais, xa que un can está máis ou menos protexido segundo a comunidade autónoma na que ocorran os feitos.
A Plataforma LAY ("Leyes Animales Ya"), que engloba a varias asociacións de defensa dos animais, solicitou que na reforma do Código Penal se inclúa a tipificación como delito do maltrato animal e o abandono, ademais dun título especial de malos tratos animais con penas de cárcere de un a tres anos de cárcere para erradicar certas prácticas como o aforcamento de galgos e outras que quedan impunes.
Pola súa parte, diversas ONG propuxeron outorgar ós grandes simios "dereitos humanos", algo factible xa que non se pide que vaian a universidade nin voten nas elección, senón que se respete a súa vida, a súa liberdade e que non se torturen.

miércoles, 28 de abril de 2010

As Tablas de Daimiel


WWF denunciou ca supervivencia do Parque Natural das Tablas de Daimiel está ameazada pola sobreexplotación dos acuíferos que lle aportan auga. Por outra banda, a pérdida de biodiversidade, o agretamento e combustión das turbas, así coma a degradación da sua cubeta débense a que o humedal xa non se inunda de forma periódica o suficiente.

O informe emitido por WWF motivou que se amplie a queixa aberta de oficio pola Comisión Europea, relacionada co grave problema ambiental, ca mala xestión da auga nas concas altas do Guadiana e a consecuente destrucción do Parque Nacional das Tablas de Daimiel.

A Unidade de Infracción da Comisión está investigando as responsabilidade ambiental das autoridades españolas por presunto incumplimento da lexislación comunitaria sobre auga. De igual xeito está a inspecionar dita responsabilidade por non prever nin reparar os danos ambientais.

Tablas de Daimiel

O Parque Nacional das Tablas de Daimile, declarado en 1973, atópase no término de Daimiel, na provincia de Cidade Real, en Castela A Mancha. Ademáis é zona ZEPA, pertence a Rede Natural 2000, está declarado humedal de importancia internacional polo convenio Ramsar e está declarado Reserva da biosfera. Sin embargo a súa supervivencia periga debido a sbreexplotaicon dos acuiferos que provoca que sin aporte artificial de auga, a reserva esté a sufrir duras sequias.

Debido a esto o 22 de outubro de 2009 a Comisión Europea abriu un expediente a España, por outra banda a Unesco xa expresara con anterioridade a posibilidade de retirar a figura de Reserva da Biosfera.

A partir dos anos 60, aceleranse as obras de canalización dos ríos manchegos desecando a zona e por outro, sobre todo a principios dos 70, unha extensión moi importante de regadios acaba cos recursos hídricos do subsuelo.

O Ministrio de Medio Ambiente recoñece a existencia dunha degradación do entorno debido a unha sobreexplotación dos recurso hidricos (na última década transformáronse cen mil hectáreas de secano en regadio), o que se traduxo nun descenso progresico do nivel freático, e como principal consecuencia foi a anulación das descargas naturais que se producian nas Tablas de Daimiel.

Das 1750 ha consideradas como inundables, a auga cubriu nos últimos tres anos 35, 267 e 158 ha respectivamente (antes dos trasvases aprovados polo ministerio).

Esta situación extrema foi advertida por diversas organizacións ecoloxistas. O Consello Científico da Unesco debatiu o 13 de juño do 2008, un informe previamente elaborado, que recomendaba retirar cautelarmente a denominación de Reserva da Biosfera ata o 2015. A decisión final foi dar tres anos o goberno Español e a Xunta de Castela A Mancha para recuperar o parque, periodo tras o cal se planteará de nova a posibilidade de retirar a calificación.

lunes, 26 de abril de 2010

En España hai máis de medio millón de empregos verdes, un 2,62 % da poboación ocupada

O sector das renovables é o que máis medrou multiplicándose por 30 o número de empregos nunha década. As estimacións apuntan a unha forte creación de emprego verde co novo marco normativo e o cambio no modelo produtivo orientado cara a sustentabilidade.

O emprego en actividades relacionadas co medioambiente en España representa xa o 2,62% da poboación ocupada cun total de 530.947 postos de traballo. Este é un dos datos do informe Emprego Verde nunha economía sostible elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE) e a Fundación Biodiversidade dentro dunha iniciativa do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. A finalidade é coñecer mellor as posibilidades de xeración de emprego vinculadas coas actividades ambientais.

O incremento do denominado emprego verde en España na última década foi do 235%. Excluíndo as partidas que neste estudio non se consideran emprego verde sobre a estimación de 1998, o cambio experimentado entre este ano e a actualidade é moi considerable ó pasar de uns 158.500 postos de traballo en 1998 a case 531.000 en 2009, máis do triple.

PRINCIPAIS SECTORES
O 20,6% do total de empregos verdes actuais concéntranse no sector de renovables, no que se ocupan 109.368 postos de traballo, cifra que só é superada polo sector adicado á xestión e tratamento de residuos , con 140.343 postos de traballo. O sector de renovables é o que máis creceu, multiplicándose por 30 o número de empregos nunha década.
A agricultura e gandería ecoloxistas representan un 9,48% do total de empregos verdes en España, pero atópanse en plena expansión. De feito, as enerxías renovables e a agricultura ecolóxica presentan un gran potencial para a xeración o reconversión de postos de traballo.
As cifras de emprego verde incrementaranse nos próximos anos co marco normativo que empurra cara un novo modelo económico máis sostible, segundo sinala o informe, destacado os novos xacementos de emprego en sectores emerxentes.

NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO VERDE
A economía sostible ten nas actividades de xestión de residuos e nas enerxías renovables os seus principais xeradores de emprego. Os campos das tecnoloxías da información e a comunicación, a rehabilitación e edificación sostible, o turismo sostible, actividades específicas relacionadas coa mitigación ou adaptación ó cambio climático, a mobilidade e transporte sostibles, a economía da biodiversidade, os cultivos agroenerxéticos, o sector do automóbil ecoeficiente e a ecoloxía industrial, son algúns dos novos xacementos de emprego verde que presentan un alto potencial laboral.
A rehabilitación ecoenerxética e a mitigación e adaptación ó cambio climático serán protagonistas de importantes incrementos de emprego verde xunto co sector das enerxías renovables en España e o transporte sostible.
Estimacións apuntan que para 2020 os sectores ambientais emerxentes (ecoindustria, enerxías renovables, edificación sostible, turismo sostible, agricultura ecolóxica e transporte sostible) terán un incremento de máis de un millón de empregos.
Avanzar cara unha economía sostible con leva un novo despegue de emprego que conxuga a xeración de beneficios, a redución das desigualdades sociais e a protección e mellora do entorno mediante a inversión nunha nova serie de activos baseados nas tecnoloxías limpas e eficientes, na ecoinnovación e nas enerxías renovables.
"O modelo produtivo debe oriéntase cara procesos menos intensivos en materia, enerxía e carbono, o cal irá consolidando, a súa vez, unha resposta estratéxica para facer fronte ó cambio climático".

España está a desaproveitar o seu potencial en plantas aromáticas


Planta de Azafrán

España, debido o seu clima mediterráneo e a riqueza ecolóxica da súa flora, podería destacar como líder no sector das plantas aromáticas.

Así o sinalou a científica, Mª Ángeles Cases, do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA).
As principais causas deste desaproveitametnos son por un lado a escasez de axudas e subvencións para estes cultivos e por outro o descoñecemento por parte dos agricultores das esixencias agronómicas dos mesmos.
Co fin de fomentar o cultivo e transformación de plantas aromáticas e mediciñais, profesionais do sector crearon a Asociación Nacionan Interprofesional de Productores de Plantas Aromáticas e Mediciñais, con sede en Guadalaxara. Dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, os seus investigadores analizan, de forma gratuita, as mostras de plantas aromáticas procedentes de todo o pais.

Neste laboratorio de plantas mediciñais e aromáticas, os científicos estudian as poblacións silvestres, extráenlle despois, por destilación, os aceites esenciais do vexetal e analizan as sustancias aromáticas.

Planta de orégano