jueves, 22 de abril de 2010

40 aniversario do Día da Terra

O 22 de Abril de 1970 celebrouse por primeira vez o Día da Terra, o seu obxectivo era concienciar a sociedade dos problemas co desenrolo humano provocaba na natureza.

Hoxe o planeta vólvese a vestir de verde. Fai corenta anos o senador Wisconsin Gaylord Nelson inspirou este acontecemento. A súa idea era desenrolar unha axencia medioambiental, e gracias a presión de máis de dos mil universitarios, dez mil escolas de primaria e secundaria e centenares de comunidades americanas (mobilizou a uns 20 millóns de persoas), púxose en marcha a Environmental Protection Agency.

O obxectivo principal da conmemoración deste día é crear unha conciencia común os problemas da contaminación, da conservación da biodiversidade e outras preocupación ambientais para protexer o planeta.

Gracias a esta iniciativa xurdiron outras actividades que pretenden fomentar o coidado do medio ambiente e concienciar a sociedade dos perigos da contaminación e o desenrolo desmesurados. É o caso da “hora do planeta” que este ano conseguiu que máis de mil millón de persoas en todo o mundo apagaran a luz durante unha hora.

Entidades públicas e privadas, ONG, centros universitarios, colexios e organizacións de todo o mundo aproveitan esta celebración para insistir en que o desenrolo debe respectar o medio ambiente.

En Galicia centos de colexios e universidades entre outras entidades, celebrarán este día con actividades que nos recordan que os recursos do planeta son limitados, e que o noso deber é de conservalo.

jueves, 15 de abril de 2010

Puma reinventa o packaging de zapatos


Moitas veces as pequenas cousas son as que marcan a diferenza. Para Puma un cambio total no seu packaging de zapatos confirmouno. A marca leva case dous anos pelexándose con 2.000 ideas e 40 prototipos para reinventar a caixa de zapatos de toda a vida e parece que xa dou cunha solución.
Traballando xunto co deseñador industrial Yves Béhar, Puma ven de crear un envoltorio que utiliza un 65% menos de cartón que antes e elimina o laminado para facilitar a reciclaxe. Ademais, tamén prescindiu do papel de seda que normalmente envolve o calzado.



A compañía tamén prescindirá das bolsas de plástico e, no seu lugar, utilizará un envoltorio creado con PET reciclado.

"Durante 21 meses, estudamos caixas e sistemas de distribución. Cómo dobralos, cómo transportalos e cómo reducir o espacio que ocupan. Ó final decidimos quitalo completamente de en medio. Creamos a "clever little bag" (pequena bolsa intelixente). ¿Por qué é intelixente? (...). A estrutura de cartón está creada de unha peza sen necesidade de utilizar outros materiais. A bolsa non está cosida, o que significa menos traballo e menos residuos. A bolsa, ademais, é un elemento potente de branding. Cando compras algo dunha tenda, sales con ela en vez dunha bolsa de plástico e tamén se empregará posteriormente para gardar os teus zapatos en maletas", explica Behar no seu blog.
A compañía estima que con este cambio aforrará 8.500 toneladas de papel, 20 millóns de mega joules de electricidade, un millón de litros de auga, 500.000 litros de gasóleo e 275 toneladas de plástico.
Estes cambios introduciranse a partir de 2011.


Pero estas non son as únicas propostas que introduciu a marca:
  • As camisetas dóbranse unha vez máis do normal para reducir o packaging nun 45%.
  • O packaging da roupa está creado con estrato de millo biodegradable.
  • O envoltorio de novo móbil de Puma é 100% reciclable.

miércoles, 14 de abril de 2010

A industria galega cumpre por primeira vez o Protocolo de Kioto


A industria galega cumpriu o pasado ano por primeira vez o Protocolo de Kioto. As 62 instalacións industriais que participaron por lei no comercio de dereito de emisións, un dos mecanismos establecidos no tratado de kioto aínda en vigor, liberaron a atmósfera menos gases de efecto invernadoiro, fundamentalmente dióxido de carbono, que a cuota que tiña asignada, algo que ata o de agora non se conseguira dende que o sistema se puxo en marcha no ano 2005.

En concreto as empresas galegas emitiron no 2009, 374.986 toneladas de CO2 menos cá cuota de 11.198.232 toneladas que tiña asignadas. Os 10,82 millóns de toneladas de CO2 que finalmente se escaparon a atmósfera supoñen tamén unha reducción dun 10,77% con respecto os 12,3 millóns liberados o longo do 2008.

Este cumprimento de obxectivos, con todo, non é uniforme, nin no que se refiere os sectores productivos, ni nas empresas. A excepción a positiva evolución xeral procede do ámbito das instalacións adicadas a producción de enerxía eléctrica, cuxo peso (o72%) é o máis importante no conxunto global. Os centros de producción emitiriosn 580.443 toneladas máis das que tiña dereito, un 7,9% por encima do cupo. Esta cifra podería ser oito maior ainda se nos fora por dúas razóns fundametnais: a crise que disminuiu o consumo de enerxía eléctrica o pasado ano, e o maior protagonismo das enerxías renovables (principalmente eólica e hidráulica) fronte a quiema de combustibles fósiles como o carbón, o fuel ou o gas.
Ainda así, o sector eléctrico no 2009 tivo un comportamento mellor que no 2008, xa que en números absolutos foi o que menguou máis as súas emisións: algo maís dun millón de toneladas, un 11% menos.
Fonte: La Voz de Galicia

martes, 13 de abril de 2010

O quentamento global en España

As temperaturas medias subiron na peninsula Ibérica o redo de 0,5 ºC por decenio dende 1975, cantidade similar á que se rexilstrou en Europa, pero un 50% superior o quentamento do resto do hemisferio norte e casi tres veces máis cá media do planeta. Así o indica o informe Clima en España: pasado, presente e futuro, elaborado pola Red Temática Clivar, presentado onte pola Secretaría de Estado de Cambio Climático.

Esta investigación sintetiza e evalúa a información sobre os aspectos físicos do cambio climático recientemente observados na Península Ibérica, e o seu obxectivo é anticipar mellor as futuras modificacións no clima a distintas escalas temporais.

As conclusión preven para finais do século XXI en España un aumetno das temperaturas de ata 6ºC ne verán e de 2-3ºC en inverno, un 50% menos de precipitación de promedio, principalmente en verán, un incremento da aridez e períodos máis longo de eventos extremos, como precipitación e sequías.
Sen embargo, segundo informou Ileana Blade, investigadora da Universidade de Barcelona e que forma parte da Rede Clivar, na actualidade as temperaturas medias en España atópanse nun período de "estancamento". " Aínda que aumenten as temperturas, poderemos seguir vivindo momentos de estancamento e anos con invernos moi fríos". E agregou que o quentamento foi uniforme en tódalas estacións do ano, pero que nos últimos 30 foi moito máis pronunciado en primavera e verán.

Pinchanzo no seguinte enlace pódese ver o informe completo:


(o documento pesa moito, polo que leva un bó anaco descargalo!!!)

miércoles, 7 de abril de 2010

O novo seguro verde para as empresas

A normativa verde impulsada polo goberno é cada vez máis restrictiva para as empresas. O próximo 30 de abril, unhas 30.000 compáñias españolas sabrán o plazo de que dispoñes para contratar unha garantía financieira obrigatoria e afrontar a aplicación da Lei de Responsabilidade Ambiental


Esta novo seguro de responsabilidade ecolóxica servirá para protexer económicamente a contorna natural na que se desenrola a súa actividade.

En Espana unhas 7.000 compañías contan xa cun seguro verde, con todo esta cifra elevarase en menos de tres anos.
As compañías do Ibes 35 son as que máis rápido actuaron, xa que o 75% xa teñen unha poliza deste tipo, o resto son entidades financieiras e estas non están obrigadas a suscribila.

Este seguro desenvolouse baixo a premisa de "quen contamina, repara" e está diseñado para eviatar siniestros como o da empresa Boliden en Doñana, o que supuxo un custe de 600 millóns de euros o Estado e foi un dos maiores desastres ecolóxicos rexistrados en España.
A finalidade e asegurar que as compañias teñan solvencia económica para facer fronte a prevención e solución de daños ambientais.
Ata o de agora, as pólizas contratadas son na súa maioría de responsabilidade civil por contaminación e non de competencia ecolóxica, como obrigará a lexislación. No primeiro caso, as firmas están protexidas fronte os danos persoais y materiais causados a terceiros en caso de accidente.
Co novo seguro, as compañías que están afectadas polo Anexo III terán que revisar a súa situación. De feito, as empresas con responsables dende a entrada en vigor da norma e deberán responder e reparar calquer dano que causaran dende entonces.
Outro aspecto importante da Lei é que unha compañía será considerada culpable ata que se demostre o contrario, para evitar situacións catastróficas.
O seguro verde non é a única maneira de obter unha garantía financieira deste tipo, tamén é posible acadar un aval ou reserva técnica.

lunes, 5 de abril de 2010

O tectán, un material para a sustentabilidade

Fabrícase a partir de residuos de briks e permite múltiples aplicacións

O tectán é un material aglomerado obtido a partir da reciclaxe de residuos de Tetra Pak (briks). O seu uso estase facendo cada vez máis común, xa que supón grandes beneficios para o medio ambiente ó evitar o consumo de recursos naturais como a madeira.
A produción e uso deste material atópase cada vez máis estendido en Europa. A tecnoloxía para a súa fabricación tivo a súa orixe en Alemaña, gracias ó impulso dado pola propia empresa Tetra Pak. Tamén China e algúns países sudamericanos, como Chile, impulsaron a súa fabricación e uso como material recomendable para a protección do medio ambiente.
Os produtos fabricados con tectán posúen a mesma calidade e resistencia que os produtos fabricados con madeira, e a súa presentación tamén é similar, xeralmente en forma de táboas ou pranchas de 30x30x1 cm coas que se fabrican mobles, mesas e cadeiras, etc. As propiedades deste material confiren resistencia e durabilidade ós artigos confeccionados, é reciclable ó 100% e non incorpora produtos tóxicos ou perigosos. Ademais, o tectán non se astilla nin se greta, non conduce a electricidade e é inaccesible á acción de fungos ou insectos, o que o convirte nun material con múltiples aplicacións.
O proceso de fabricación do tectán pasa polas seguintes etapas:
  • Os briks sepáranse do resto de envases, lávanse para eliminar impurezas e restos de alimentos, sécanse e son triturados en pequenos fragmentos duns 3 mm. A continuación esténdense nunha capa de espesos desexado.
  • O material prénsase e quéntase ata unha temperatura de 170ºC. Durante o prensado contrólase a temperatura e a presión aplicada.
  • A calor funde o polipropileno (PP) unindo a fibra densamente comprimida e os fragmentos de aluminio nunha matriz elástica, sen necesidade de engadir ningún tipo de cola ou produtos químicos.
  • A matriz resultante sométese a un proceso de arrefriamento moi rápido, formando un duro aglomerado cunha superficie de acabado brillante e impermeable.
Algunha das aplicacións máis comúns das pranchas de tectán son a fabricación de carpetas, solos, tellas, separadores de espazos ou outro mobiliario. Estes usos supoñen o primeiro paso para desenrolar unha ampla gama de produtos -que na actualidade se fabrican en madeira- dunha forma económica e socialmente máis rendible.

O cambio climático e as poblacións indíxenas

As solución o quecemento gobal baseadas na lóxica do mercado amezan dereitos e medios de vida dos pobos nativos, así o concluíu o Foro Indíxena Latinoamericano sobre o Cambio Climático, tras unha reunión levada a cabo a semana pasada en Costa Rica



As propostas de gobernos e ONG internacionais como o mecanismo de desenrolo limpo e a Reducción de Emisións de Carbono Causadas pola Deforestación e a Degradación dos Bosques (REDD) "constitúen novas formas de xeopolítica económica" que poñen en xogo dereitos indíxenas consagrados en tratados, según a declaración final da reunión.
Estados e empresas transnacionais promoven "represas, agrocombustibles, exploracións petrolíferas, plantacións forestais, monocultivos" que causan "expropiacións e destrucción do nosos territorios". O cambio climático débese " a un modelo de desenrolo que forzou os pobos indíxenas a pobreza", añadíu.
Os principais danos que sofren son a falta de alimentos, a causa das sequías e inundacións, e a pérdida de identidade cultural.
América Latina conta cuns 400 pobos indíxenas, que suman uns 45 millóns de persoas.
Mediante a iniciativa REDD, os países máis ricos pagarían para manter bosques de rexiósn tropicais como forma de compensar as súas emisións de carbono. Os nativos constatan que "a gran maioría dos sitios que están propoñendo os gobernos e algunhas ONG para participar no mecanismo REDD, localízanse en territorios indíxenas". Esto demostra que son os territorios mellor conservados, pero urxe a necesidade de defender as garantías da Declaración de Nacións Unidas sobre Dereitos dos Pobos Indíxenas, especialmente as "territoriais, a libre determinación e o consentimento libre, previo e informado".
As esperanzas están postas na Confederación Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Madre Terra, organizada polo goberbo de Bolivia para o mes de abril e concebida como un camiño alternativo as solucións exploradas ata ahora pola comunidade internacional.

As negociacións oficiais retomaránse na conferencia que calebrará Nacións Unidas en novembro en México, tras o fracaso da reunión anterior que se celebrou en decembro en Copenhague.