viernes, 5 de marzo de 2010

O 20% dos alimentos con soia e millo están contaminados por transxénicos

Según datos da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutricional (AESAN) o redor do 20% dos alimentos a venta nos supermercados que conteñen millo ou soia están contaminados transxénicamente, sen que figure na etiqueta.
Ata esta semana, o único organismo modificado xenéticamente e autorizada a súa plantación na Unión Europea (UE) era o millo transxénico MON810, do que España é o único país que o cultiva a gran escala. Sen embargo estaban permitidos a importación de varios tipos de millo e soia transxénicos.


Según datos de AESAN, como resultado disto ata o 20% dos alimentos que conteñen estos ingredientes están contaminados por transxénicos, sin que este dato figure na etiqueta e polo tanto o consumidor teña constancia delo.
A aprobación este martes dun novo cultivo transxénico engade novos riscos alimentarios noutro alimento, a pataca, unha variedade modificada xenéticamente para uso industrial e con graves incertidumes para a saúde. A propia multinacional que comercializa esta pataca BASF, na súa solicitude de autorización asegura que "non se pode descartar que esta pataca sexa usada ou remate aparecendo na alimentación". Demostrándonos a experiencia no cultivo de millo que a sura separación total durante a colleita, recollida, almacenamento, transporte e procesado é unha utopía.
A pataca transxénica aprobada (co nome de Amflora), está modificada xenéticamente para producir unha maior proporción de amiloptecina, un almidón que se usa en procesos industriais, como a frabricación de papel.
A Axencia Europra do Medicamento e a Organización Mundial da Saúde advertiron que a entrada desta pataca na nosa alimentación suporía un grave risco sanitario, xa que contén xenes resitentes a antibióticos.
España é o único país da UE no que está autorizado o cultivo de millo transxénico a gran escala.

miércoles, 3 de marzo de 2010

A Atrazina como pesticida

A atrazina, é o pesticida máis común para combater as malas herbas nos cultivos agrícolas e nos campos de golf.
Un estudo levado a cabo, con ras de uñas africanas (Xenopus laevis), pola Universidade de California e varios centros de investigación biolóxica de estados unidos, acaba de demostras que este produto convierte en femias funcionais aos machos dalgúnhs anfibios ou lles provoca unha castración química, o que ameaza con estiguir a especie.
Os investigadores observaron nos machos unha caida nos niveis de testosterona, unha reducción do tamaño da glándula reproductora e un descenso na cantidade de esperma producido e no índice de fertilidade.
Outro aspecto destacable desta investigación é que o 10% das ras machos expostas a este pesticida desenvolveron funcións reproductoras propias de femias, o que lles permitiu aparearse e producir ovos viables, segundo explicaron os investigadores. Sen embargo, o tratárense xenéticamente de machos, éstos só poden ter descendencia masculina, o que a larga pode levar a extinción da especie.
Na Unión Europea a atrazina está prohibida, aínda así é o pesticida máis usado no resto do mundo. Só en EEUU, cada ano utilízanse máis de 35.000 toneladas de pesticidas, entre eles a atrazina, unha sustancia que pode transportarse pola choiva a unha distancia superior a 1.000 Km dende onde se empregou.

martes, 2 de marzo de 2010

Mix Enerxético de España no 2020

Antes de que finalice o ano o goberno quere revisar o sistema de incentivos as enerxías renovables co propósito de facer compatible o cumprimento dos obxectivos de producción eléctrica renovable no 2020 cos principios de garantía de suministro, competitividade e respecto o medio ambiente.

Esta medida forma parte das iniciativas que se queren levar a cabo para acadar a recuperación do crecemento económico e creacion de emprego.

Ademáis desta, contémplase unha reorientación da composición do "mix" enerxético de cara o 2020, no cal a enerxía eólica convertirase na principal fonte de enerxía, cun 22,3% por diante do 16,7% do gas natural, do 15% da nuclear, do 12,4% da coxeneración a partir do gas natural, do 9,3% do carbón, do 9,1% da hidroeléctrica e do 8% da solar.

Para esa data xeneraránse 74.547 megavatios (MW) procedente de fontes de enerxía renovables en España. fronte os 39.721 MW no 2009. Destes 40.000 MW serán eólicos (35.000 MW en terra e 5.000 MW en mar), fronte a potencia actual de 18.300 MW (todos eles en terra).

Con respecto a hidroeléctrica pasará de 473 MW ata 16.660 MW, mentres que a solar pasará dos 4.165 MW actuais os 15.685 MW. O biogas, a biomasa e o resto de fontes renovables acadará o dobre da potencia acual, pasará dos 1.067 MW actuais a 2.200 MW.

Por outro lado plantease un descentos na potencia nuclear, centrales térmicas de carbón e plantas de productos petrolíferos. A nuclear perderá 460 MW, o cabón 3.770 MW e as plantas petrolíferas pasarán de 6.202 MW a 682 MW.

En canto os ciclos combinados a gas terán unha potencia de 28.500 MW, o que supón un 18% máis da actual.

lunes, 1 de marzo de 2010

Concurso "Capital de la Biodiversidad"

Os concellos de España teñen aberto o prazo ata o 30 de abril para presentar as súas candidaturas o concurso "Capital da Biodiversidade", promovido pola Fundación Biodiversidades. O obxectivo do mesmo é fomentar as iniciativas cós municipios dirixan a conservación da biodiversidade.
Enmarcado no proxecto LIFE+ "Capitales Europeas de la Biodiversidad", trátase dunha experiencia piloto que se levará a cabo simultánemente en cinco paises: España, Alemania. Eslovaquia, Francia e Hungría. Asemade o proycto inclúe a celebración de catro talleres de capacitación para os concellos sobre temas relacionados ca conservación e promoción da biodiversidade.
Para ampliar información sobre o concurso ou inscribirte nos talleres preme no seguinte enlace:

Moringa oleifera (outra pranta a ter enconta no futuro)

Moringa oleifera, coñecido como Moringa, é unha árbore orixinaria do Norte da India. Medra case en calquera tipo de terra, incluso en condicións de seca, por iso os científicos recomendan ás poboacións que o cultiven para alimentarse.
Segundo o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos contén una enorme lista de propiedades nutritivas e curativas: antiinflamatorio, analgésico, antiasmático, antianémico, activador do metabolismo, purificador , protector do fígado, antihipertensivo, produtor de hormonas, promove o crecemento do cabelo, hidrata, mobiliza os líquidos do corpo (homoestático), desintoxica, fortalece músculos e ósos, mellora a alerta mental, a memoria e a capacidade de aprendizaxe.
Hoxe en día ducias de organizacións humanitarias do mundo empregan Moringa para combatir a extrema desnutrición e a fame.
As follas da Moringa teñen grandes cualidades nutritivas (27% de proteínas (tanto como o ovo e o doble do leite) e teñen cantidades significativas de calcio (4 veces as do leite), ferro, fósforo e potasio (3 veces máis que a banana), viatmina A (4 veces máis que a cenoria) e C (30 veces máis que a laranxa).
O sabor da Moringa é agradable e as súas partes pódense comer crúas, especialmente as follas e flores (que son de color crema e aparecen principalmente en épocas de seca, cando a árbore soe perder as follas), ou cocidas de varias formas. As follas poden empregarse para ensaladas, teñen un gusto suavemente picante similar ó rábano. Ademais da fruto en forma de vainas que estando verdes pódense cocer e cando están maduras férvense cunha pouca sal, ábrense e quítanselle as sementes xa listas para consumir con sabor parecido ó garavanzo. As raíces son comestibles, parecen cenorias pero de gusto picante.
É unha das especies vexetais con maior contido de aceite (35%), o que a converte nun importante recurso para fabricar biodiesel de calidade. O cultivo ten un rendimento de 2500 kg/ha, producindo case 1.500 l de aceite e máis de 1400 l de biodiesel/ha o que a leva a que o seu cultivo sea investigado en varios lugares o mundo.
Entre as súas características destácase o rápido crecemento (uns 3 m no seu primeiro ano podendo chega a 5 metros en condicións ideais; a árbore adulta chega a 10-12 m de altura máxima) e a súa rusticidade que a fai moi fácil de cultivar. Por outra banda, pola súa beleza é moi empregada como pranta ornamental.
Pero a lista de beneficios da "árbore da vida" non remata aquí. A súa madeira emprégase como leña e para facer carbón ou celulosa de gran calidade. A pranta é boa purificadora de auga. Si se emprega como forraxe, destácase outra longa lista de características benéficas, xa que serve tanto para gando vacún, porcino, ovino, caprino ou avícola, entre outros, nos que xenera importantes incrementos no rendemento, tanto de ganancia de peso coma de produción de leite.

Moveránse os avións con algas?

Os biocombustibles basado en productos mariños acércanse lentamente o mercado
Esta non é unha idea nova, de feito nos anos setenta e ata mediados dos noventa o Departamento de Enerxía dos EEUU desenvolveu un amplo programa sobre algas, motivado pola crise enerxética do momento. Os cortes presupuestarios enterraron a investigación; actualmente hay máis de 200 compañías en todo o mundo analizando o potencial das algas.
As investigación levadas a cabo non se centran so na cuestión enerxética senón tamén na importancia das algas como sumidoiros de carbono e como fonte de alimentación.
O contrario do que ocorre con outros cultivos para biocombustibles, estas non compiten por solo cultivable para alimentos. Sen embargo, neste punto os expertos resaltan que os retos son ainda moitos, dende identificar as mellores técnicas de cultivos ata determinar que especies son as mellores para cada aplicación.
Para elo é imprescindible, antes de nada, ter boas estimacións numéricas e non só intuitivas de importantes cuestión, entre elas canto carbono e auga consumen; desta maneira poderánse facer cálculos dos seus custes e beneficios ambientais.

Despréndese un Iceberg da Antártida

Unha masa de xeo de 2.500 kilómetros cadrádos desprendeuse do glaciar Mertz no Este da Antártida o chocar con esta lingua un iceberg xigante a deriva.
O choque produciuse fai tres semanas e agora os dous icebergs flotan sin rumbo. Os cientificos temen que esto afecte a circulación dos océanos en todo o mundo e a vida mariña na rexión.
A principal preocupación é que este desprazamento de xeo altere a composición da auga na mar na zona e no fluxo normal de auga salgada, densa e fria que transporta osíxeno as correntes oceánicas produndas e como consecuencia morra a vida mariña que hai alí.

A unha maior concentración de sal, maior densidade de auga e mairo fluxo desta hacia o fondo do océano. A desaparición dese bloque de xeo podería facer descender ese fluxo de auga, espallándose sobre a plataforma continenetal e conducindo a esta hacia o fondo do océano.

Unha modificación deste fluxo de auga hacia as profundidades modificaría o sistema de circulación dos océanos, sendo este un factor clave no clima global.


O iceberg causante deste choque, coñecido como B-9B, é parte doutro máis grande de 5.000 kilómetros cadrados, que se desprendeu en 1987, converténdose nunha das maiores masas de xeo da Antártida. Este xigantesco iceberg estivo a deriva antes de encallar en 1992 e recientemente soltouso.
Fonte: El País


(Imaxe: Australian Antarctic Division)