lunes, 1 de marzo de 2010

Moringa oleifera (outra pranta a ter enconta no futuro)

Moringa oleifera, coñecido como Moringa, é unha árbore orixinaria do Norte da India. Medra case en calquera tipo de terra, incluso en condicións de seca, por iso os científicos recomendan ás poboacións que o cultiven para alimentarse.
Segundo o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos contén una enorme lista de propiedades nutritivas e curativas: antiinflamatorio, analgésico, antiasmático, antianémico, activador do metabolismo, purificador , protector do fígado, antihipertensivo, produtor de hormonas, promove o crecemento do cabelo, hidrata, mobiliza os líquidos do corpo (homoestático), desintoxica, fortalece músculos e ósos, mellora a alerta mental, a memoria e a capacidade de aprendizaxe.
Hoxe en día ducias de organizacións humanitarias do mundo empregan Moringa para combatir a extrema desnutrición e a fame.
As follas da Moringa teñen grandes cualidades nutritivas (27% de proteínas (tanto como o ovo e o doble do leite) e teñen cantidades significativas de calcio (4 veces as do leite), ferro, fósforo e potasio (3 veces máis que a banana), viatmina A (4 veces máis que a cenoria) e C (30 veces máis que a laranxa).
O sabor da Moringa é agradable e as súas partes pódense comer crúas, especialmente as follas e flores (que son de color crema e aparecen principalmente en épocas de seca, cando a árbore soe perder as follas), ou cocidas de varias formas. As follas poden empregarse para ensaladas, teñen un gusto suavemente picante similar ó rábano. Ademais da fruto en forma de vainas que estando verdes pódense cocer e cando están maduras férvense cunha pouca sal, ábrense e quítanselle as sementes xa listas para consumir con sabor parecido ó garavanzo. As raíces son comestibles, parecen cenorias pero de gusto picante.
É unha das especies vexetais con maior contido de aceite (35%), o que a converte nun importante recurso para fabricar biodiesel de calidade. O cultivo ten un rendimento de 2500 kg/ha, producindo case 1.500 l de aceite e máis de 1400 l de biodiesel/ha o que a leva a que o seu cultivo sea investigado en varios lugares o mundo.
Entre as súas características destácase o rápido crecemento (uns 3 m no seu primeiro ano podendo chega a 5 metros en condicións ideais; a árbore adulta chega a 10-12 m de altura máxima) e a súa rusticidade que a fai moi fácil de cultivar. Por outra banda, pola súa beleza é moi empregada como pranta ornamental.
Pero a lista de beneficios da "árbore da vida" non remata aquí. A súa madeira emprégase como leña e para facer carbón ou celulosa de gran calidade. A pranta é boa purificadora de auga. Si se emprega como forraxe, destácase outra longa lista de características benéficas, xa que serve tanto para gando vacún, porcino, ovino, caprino ou avícola, entre outros, nos que xenera importantes incrementos no rendemento, tanto de ganancia de peso coma de produción de leite.

Moveránse os avións con algas?

Os biocombustibles basado en productos mariños acércanse lentamente o mercado
Esta non é unha idea nova, de feito nos anos setenta e ata mediados dos noventa o Departamento de Enerxía dos EEUU desenvolveu un amplo programa sobre algas, motivado pola crise enerxética do momento. Os cortes presupuestarios enterraron a investigación; actualmente hay máis de 200 compañías en todo o mundo analizando o potencial das algas.
As investigación levadas a cabo non se centran so na cuestión enerxética senón tamén na importancia das algas como sumidoiros de carbono e como fonte de alimentación.
O contrario do que ocorre con outros cultivos para biocombustibles, estas non compiten por solo cultivable para alimentos. Sen embargo, neste punto os expertos resaltan que os retos son ainda moitos, dende identificar as mellores técnicas de cultivos ata determinar que especies son as mellores para cada aplicación.
Para elo é imprescindible, antes de nada, ter boas estimacións numéricas e non só intuitivas de importantes cuestión, entre elas canto carbono e auga consumen; desta maneira poderánse facer cálculos dos seus custes e beneficios ambientais.

Despréndese un Iceberg da Antártida

Unha masa de xeo de 2.500 kilómetros cadrádos desprendeuse do glaciar Mertz no Este da Antártida o chocar con esta lingua un iceberg xigante a deriva.
O choque produciuse fai tres semanas e agora os dous icebergs flotan sin rumbo. Os cientificos temen que esto afecte a circulación dos océanos en todo o mundo e a vida mariña na rexión.
A principal preocupación é que este desprazamento de xeo altere a composición da auga na mar na zona e no fluxo normal de auga salgada, densa e fria que transporta osíxeno as correntes oceánicas produndas e como consecuencia morra a vida mariña que hai alí.

A unha maior concentración de sal, maior densidade de auga e mairo fluxo desta hacia o fondo do océano. A desaparición dese bloque de xeo podería facer descender ese fluxo de auga, espallándose sobre a plataforma continenetal e conducindo a esta hacia o fondo do océano.

Unha modificación deste fluxo de auga hacia as profundidades modificaría o sistema de circulación dos océanos, sendo este un factor clave no clima global.


O iceberg causante deste choque, coñecido como B-9B, é parte doutro máis grande de 5.000 kilómetros cadrados, que se desprendeu en 1987, converténdose nunha das maiores masas de xeo da Antártida. Este xigantesco iceberg estivo a deriva antes de encallar en 1992 e recientemente soltouso.
Fonte: El País


(Imaxe: Australian Antarctic Division)

miércoles, 24 de febrero de 2010

A Xunta levantará a prohibición de construir nos 500 metros da liña da costa

A Xunta levantará a prohibición para construir na liña de 500 metros da costa nalgunhas zonas de Galicia.


Según palabras do Presidente da Xunta de Galicia nunha entrevista concedida a RNE a prohibición levantarese "nalgúns sitios si e noutros non", fronte as demandas dos grupos ecoloxistas que pedían unha moratoria nas medidas introducidas polo anterior goberno. Asemade indicou que a contrucción poderá "reiniciarse" naquelas zonas nas que a Xunta considera que "é posible levantar parcialmente ou totalmente" el veto, en base o que establece o Plan de Ordenación do Litoral (POL), oa cal atópase en fase de alegacións e que o executivo espera aprobar a finais de ano. Por outro lado no plan establécese que naqueles espacios nos que o documento non contemple a posibilidade de emprender obras "seguirase imposibilitando a edificación".
Se están interesado no novo Plan de Ordenación do Territorio e che gustaría facer algunha alegación, pódelo facer a través de:







Primeira ferramenta web para verificar o aforro enerxético

Este software, está dirixido os profesionais implicados no desenrolo de proxectos ou concienciados nas necesidades de aforro enerxético na construcción, permite consultar o conxunto de solucións constructivas basadas no Catálogo de Elementos Constructivos no Código Técnico da Edificación (CTE) e verificar o cumprimento da norma CTE HE-1 sobre aforro enerxético.

Esta ferramenta foi desenrolada polo Instituto da Construcción de Castela e León (ICCL) xunto co Instituto de Ciencia da Construcción Eduardo Torroja (IETCC)

O seu uso é gratuito e sinxelo, facilitando o nome e contrasinal o usuario queda rexistrado xerando a súa propia base de datos de edificios, a que poderá recurrir sempre que aceda a aplicación.

A través desta aplicacion obteñense as fichas xustificativas indicadas no anexo 1 do CTE HE-1 "Aforro da enerxía: limitacións de demanda de enerxética" podendo comprobar así o seu cumprimento e verificación; ademaís disto esta aplicación ofrece múltiples recursos.
Si están interesado podes acceder a través de:

miércoles, 17 de febrero de 2010

Durante o 2009 Galicia recolleu 74.327 aparellos eléctricos e electrónicos

Galicia recolleu 74.327 tonelasdas residuos eléctricos e electrónicos durante 2009 para a sua posterios reciclaxe a través dun protocolo de recollida desenrolada pola asociacion de empresas distribuidoras de electrodomésticos do noroeste (ADEN). Esta iniciativoa situou a comunidades como "modelo" de reciclaxe no sector en España.
Esta iniciativa realizouse por medio dun conveio de colaboración ca Fundación Ecoles, un sistema de xestión colectiva creada pola asociación de empresarios que representan o sector de fabricantes e importadores de grandes e pequenos electrodomécticos.
A asociación informou que esta iniciativa existe dende hai tres anos, e en 2009 rexistrou un incremento do 90% en volume de recoxilla respecto a 2008, no que se retiraron 42.705 toneladas unidades. No ano 2008 houbo un incremento espectacular da recollida destes aparellos, xa que se recolleron 5.061 toneladas destes aparellos, fronte os 1.830 de 2007, o que representa un incremento do 276%.

lunes, 15 de febrero de 2010

Distintivo europeo ecolóxico

A Comisión Europea anuncio que a eurofolla, será o novo logotipo dos productos ecólóxicos en Europa.

A Comisión declarou que este logotipo será obrigatorio a partir do 1 de julio de 2010 en tódolos producto ecolóxicos envasados que se produzan en calquera dos estados membros da Unión Europa (UE), e que cumpran as normas estabrecidas. A eurofolla non será obrigatoria no caso de prioductos importados.