martes, 26 de octubre de 2010
Aumenta a reciclaxe de envases en España pese ó descenso da producción pola crise
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:58
0
comentarios
jueves, 5 de agosto de 2010
O 70% dos españois afirma que recicla vidro
Segundo datos desta investigación, realizada pola empresa de mercados Quor, houbo un aumento dun 7 % de cidadáns que reciclan vidro de forma habitual respecto ós datos do último estudo realizado fai 2 anos, acandando o 70% de cidadáns que afirman considerar a reciclaxe destes envases coma unha costume.Por outra banda, a acción de reciclar vidro destaca entre as 10 primeiras tarefas domésticas, o que indica un paso máis na concienciación cidadá sobre a reciclaxe do vidro. Concretamente, o 45,4 % dos cidadáns sinala esta acción coma unha tarefa doméstica máis.
Un hábito a seguir mellorando pola súa incidencia no medioambiente
Outro dato que se desprende do estudo é que os españois situamos, con un 20 %, o acto de reciclar coma unha das costumes que deben seguir mellorándose pola súa aportación ó medioambiente, só por detrás da utilización do vehículo particular (38,4%) e do aforro no consumo de auga no fogar (27%).
Esta circunstancia varía nalgunhas rexións; en Canarias, por exemplo, otórgase máis importancia ó aforro no consumo de auga (38%), que á utilización do vehículo particular (33,8%). Na Comunidade Valenciana, e segundo hábito a modificar é a reciclaxe de residuos (24%), seguido do consumo de auga (21%); e nas rexións de Murcia, Navarra e País Vasco, a costume de reciclar está máis próximo ó cuarto posto, cerca das prácticas de non abusar do uso da calefacción e o aire acondicionado.
Ademais, a importancia que conferimos a seguir mellorando no reciclado de residuos pola súa incidencia no medioambiente varía segundo o tipo de perfil do entrevistado: sube á segunda posición no caso de mulleres entre 25 e 34 anos e cae ó cuarto lugar en homes de 24 a 54 anos e mulleres de 45 a 54 anos.
Os erros máis frecuentes dos españois á hora de reciclar vidro
Outras das conclusión que se extraen deste estudo, son os errros frecuentes que cometen os cidadáns á hora de reciclar os envases de vidro; un 40%, pratos, cerámica, loza e outras pezas de vaixela; e o 33,6 % afirma depositar no iglú frascos de medicamentos. Estes elementos nunca deben depositarse no colector de vidro, o cal está destinado únicamente a envases de vidro: botellas, tarros e frascos.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
11:07
1 comentarios
lunes, 14 de junio de 2010
O novo logo Bio da UE: os especialistas recomendan unha preparación minuciosa
Para produtos de nova introdución a partir de xullo de 2010, Schimidt e Neuendorff recomendan poñerse de acordo coa oficiña de control ecolóxico correspondente.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:43
1 comentarios
viernes, 4 de junio de 2010
Un planeador submariño investigará as dinámicas da costa galega
As prospección do robot aportarán información valiosa para o sector marítimo-pesqueiro, tales como predicións sobre o estado do mar ou previsións sobre as derivas das larvas das especies de interese comercial e dos vertidos contaminantes.
ue un dispositivo destas características se despregue en augas galegas. O lanzamento realizouse dende o buque oceanográfico do CSIC Mytilus, situado nun punto de fondeo permanente que o Consello ten habilitado nas proximidades de cabo Silleiro, ó sur da ría de Vigo. A partir deste momento, o planador navegará baixo a auga para trazar perfís entre o fondo mariño e a superficie, dende a costa ata uns 150 km. mar a dentro. Cada vez que o planador saia á superficie, enviará vía satélite datos das condicións físicas da auga (temperatura, salinidade, densidade, contido de clorofila e velocidade da corrente, entre outras).O seu obxectivo é mostrear os cambios nas condicións físicas da plataforma continental.
A información recollida polo planador será procesada por investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), en Vigo e da Universidade de East Anglia. O seu obxectivo é mostrear os cambios nas condicións físicas que rexistra a plataforma continental durante a temporada de afloramento. Este fenómeno oceanográfico, en xeral estacional, prodúcese cando as masas de auga dos niveis profundos se desprazan ou afloran cara a superficie debido á forza dos ventos e a rotación da Terra.
O interese do estudio radica en que os afloramentos producidos cerca da costa orixinan as zonas pesqueiras máis produtivas, xa que as augas profundas son ricas en nutrientes froito da descomposición da m.o. sedimentada. Cando esta auga se eleva cara a superficie polas correntes, multiplícase a presenza de fitoplacton na zona, o que induce unha maior presencia do resto de especies mariñas.
Os datos que se obteñan serán extensibles ó resto de zonas de afloramento da Península Ibérica e terán aplicacións futuras: ademais de poder predicir a deriva das larvas das especies que se explotan nas pescarías locais ou o dos contaminantes vertidos, poderanse obter melloras na previsión do estado da mar.
Ata 1.000 m de profundidade e sen combustible
O planador submariño
é capaz de somerxerse a unha profundidade máx. de 1.000 m. Aínda que pesa 52 kg. e mide 2 m de longo, o dispositivo non precisa combustible e carece de hélices, pois emprega a súa flotabilidade para desprazarse. A súa gran autonomía só é complementada por unha batería para alimentar sensores de baixo consumo.A expedición do robot enmárcase nos proxectos do CSIC CAIBEX (financiado polo Plan Nacional), RAIA (financiado pola Unión Europea, programa INTERREG) e CALIBERA (financiado pola Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía de Portugal). O seu obxectivo é poder prognosticar a corto prazo as condición ambientais marítimas.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:52
1 comentarios
martes, 25 de mayo de 2010
Regalan semillas modificadas xenéticamente a Haití
A empresa Monsanto regala os agricultores Haitianos 475 semillas modificadas xenéticamente, ademáis dos abono e pesticidas que van asociados a elas, os cales serán distribuidos gratis no proxecto WINNER co respaldo da embaixada de Estados Unidos en Haití.Os "regalos" chegan xunto co herbicida que contén glifosato, comercialmente chamado Roundup. Producto que ha empresa asegura que é biodegradable, pero que en algunhas zonas déronse casos de contaminación por este producto, o que levou a que altos cargos en contra do fraude haxan denuncia esto en Lyon.
Monsanto xa empezou a distribuir as súas semillas modificadas xenéticamente en Haití, "xenerosidade" do que a empresa Monsanto está facendo publicidade.
Pero onde está o problema? que os agricultores haitianos que as queiran utilizar no futuro terán que compralas a Monsanto, o qeu significará adios a independencia dos agricultores.
Suporá esto outro "terremoto" para Haití?
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:33
1 comentarios
jueves, 20 de mayo de 2010
O executivo comunitario anunciou que levará a España ante o tribunal de xustiza da UE pola falta de depuración das augas residuais en 38 localidades, entre elas está Santiago de Compostela e A Coruña.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:42
1 comentarios
miércoles, 19 de mayo de 2010
Galicia forma parte da Rede Europea da Paisaxe
A nosa Comunidade Autónoma , dende o 17 de maio, forma parte da Rede de Entidades Locais e Rexinais para o desenrolo do Convenio Europeo da Paisaxe (RECEP).
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:14
4
comentarios
martes, 18 de mayo de 2010
España recibe unha certificación EMAS pola xestión ambiental dos seus edificios en Bruselas
España converteuse no primeiro estado membro da UE que obtén a certificación que premia a boa xestión e auditoría ambiental ó recibir a certificación EMAS ó " Complexo España" en Bruxelas.
A ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, recibiu a acreditación no nome do Goberno de España nun acto de entrega no que estivo tamén presente o Director Xeral de Medio Ambiente da UE.
O "Complexo España" agrupa o edificio da Representación Permanente de España ante a UE, da Representación Permanente de España ante o Consello da Unión Europea Occidental e do Consulado Xeral de España en Bélxica.
A ministra Espinosa destacou ó recibir a acreditación que é esencial que as administracións públicas e as institucións europeas dean exemplo nunha Europa onde os aspectos ambientais teñen cada vez máis relevancia e a obtención do rexistro EMAS é unha boa mostra dilo.
Para a ministra o máis importante de conseguir unha certificación EMAS é que se supón o inicio dun proceso permanente no que cada ano as organizacións rexistradas establecen novos retos ambientais que deben alcanzar.
Elena Espinosa concluíu o manifestando o desexo de que a iniciativa da Misión Diplomática española sirva como exemplo e abra o camiño para que outras Misións se lancen a este reto.
Entre as melloras que supuxo acadar a certificación EMAS para o "Complexo España" foron, entre outras, a redución dun 25% do consumo de electricidade por persoa entre o ano 2008-2009, o establecemento dun sistema de reciclaxe para todos os desfeitos que se producen nos tres edificios, o establecemento dun sistema de transporte común para os desprazamentos do persoal ó Consello e o uso de electricidade verde en todo o Complexo.
A certificación obtida por España é o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, Eco-Management and Audit Scheme(EMAS), un sistema posto a disposición de empresas e outras organizacións que, de forma voluntaria, desexan evaluar e mellorar o seu comportamento ambiental.
O sistema EMAS está dispoñible para a participación das empresas dende 1995 e aínda que orixinariamente estaba restrinxido a empresas de sectores industriais, dende 2001 EMAS está aberto a todos os sectores económicos incluíndo os servizos públicos e privados.
EMAS e o COMPLEXO ESPAÑA
O proceso para a obtención da acreditación EMAS comezou en outubro de 2007. Polas características especiais do Complexo, edificios da Administración española en territorio belga, proponse a cuestión de cal debía ser a lexislación aplicable.
A decisión foi someter ó Complexo a ambas lexislacións, e así durante o proceso cumpriuse tanto coa regulamentación belga como coa española. Foi un proceso longo e traballoso que contou coa colaboración de todos e cada un dos traballadores da Misión Diplomática que aportaron o seu pequeno gran de area.
Unha vez que o Complexo implantou o seu Sistema de Xestión Medioambiental e verificou o cumprimento de todos os requisitos marcados no Regulamento EMAS, inscribiuse no órgano competente -o Instituto de Bruxelas de Xestión Ambiental (IBGE)-, o cal o pasado día 27 de abril de 2010 comunicou oficialmente a inclusión do Complexo en dito Rexistro.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
9:39
1 comentarios
martes, 4 de mayo de 2010
A mancha de petróleo segue imparable

A British Petroleum (BP) está intentando deter a fuga mediante robots submarinos que intentan pechar as válvulas polas que escapan centos de miles de litros de petróleo diariamente, pero ata o momento non tivo éxito.
BP xa comunicou que asumirá o pago de todos os costos derivados do desastre, como esixira Barack Obama, Presidente de EEUU.
Centos de voluntarios xa se puxeron en marcha para poder paliar os danos en zonas que se poidan ver afectadas pola mancha de fuel.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
15:52
1 comentarios
Sancións por maltratar animais
Os expertos en dereito e defensa animal reclaman unha mellora da lexislación e o recoñecemento do dereito dos animais á vida e non a sufrir.
O Código Penal prevé pena de cárcere en certos supostos de maltrato animal, así coma multas en outros. No artigo 337 sinala que se castigará "con pena de prisión de 3 meses a 1 ano" a quen maltrate "con asañamento" e de maneira inxustificada a animais domésticos ata causarlles a morte ou provocarlles lesións, con "un grave menoscabo físico".En España non se ingresa na cárcere si se condena a un cidadán por primeira vez a unha pena inferior a 2 anos, aínda que terá antecedentes penais e, si ten causas pendentes ou cumpriu penas de cárcere, debería acatar a pena ditada polo xuíz.
En canto ás multas dependen do tipo de animal e da denuncia. Na actualidade as multas vía administrativa son máis altas, xa que poden ascender ata 15.000 €, mentres que nas multas vía xurídica son "ridículas", segundo Matilde Cubillo, presidenta da Federación de Asociacións Protectoras e Defensa Animal da Comunidade de Madrid (FAPAM).
Pola súa parte, as comunidades autónomas contan coas súas propias leis sobre a protección animal, con diversas infraccións e sancións económicas.
Os expertos sinalan a falta de datos concretos sobre o número de delitos e infraccións cometidos contra os animais en España. Os delitos máis comúns son os dirixidos a cans de caza en instalacións ilegais e en condicións "horribles" e, en xeral, o abandono. A presidenta de FAPAM destaca os galgos, "raza máis maltratada en España", que morren aforcados, dun tiro ou atropelados. Outros casos son os que se producen en granxas gandeiras, en circos ou en tendas de animais, entre outros.
Dende o punto de vista da legalidade vixente, os animais non teñen dereitos, senón que o seu status é o de propiedade e, como tales, hai diversas leis que os protexen. Ademais do sinalado no artigo 337 do Código Penal, tampouco está permitido abandonar a animais domésticos, nin mantelos en instalacións que carezan de condicións hixiénicas axeitadas.
Aprécianse diferencias entre animais domésticos, de compañía e salvaxes. As actuais leis afectan, sobre todo, ós animais de compañía, pero os animais domésticos ademais das leis españolas, contan con certos puntos lexislados no ámbito europeo. Os exemplares da fauna silvestre só están cubertos si son especies protexidas.
En xeral ningún país ten normas avanzadas, pero si hai algúns que prohibiron determinadas prácticas que supoñen a morte e o sufrimento. Por exemplo, Suecia e Finlandia prohibiron os circos con animais e en Alemaña os animais teñen os seus dereitos recollidos na Constitución.
Ca lexislación actual é posible perseguir os delitos pero esta aínda é insuficiente. Algunhas leis de protección animal quedaron anticuadas. Recoméndase unha lei marco de Protección animal que unifique as 17 leis actuais, xa que un can está máis ou menos protexido segundo a comunidade autónoma na que ocorran os feitos.
A Plataforma LAY ("Leyes Animales Ya"), que engloba a varias asociacións de defensa dos animais, solicitou que na reforma do Código Penal se inclúa a tipificación como delito do maltrato animal e o abandono, ademais dun título especial de malos tratos animais con penas de cárcere de un a tres anos de cárcere para erradicar certas prácticas como o aforcamento de galgos e outras que quedan impunes.
Pola súa parte, diversas ONG propuxeron outorgar ós grandes simios "dereitos humanos", algo factible xa que non se pide que vaian a universidade nin voten nas elección, senón que se respete a súa vida, a súa liberdade e que non se torturen.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
9:59
0
comentarios
miércoles, 28 de abril de 2010
As Tablas de Daimiel
Debido a esto o 22 de outubro de 2009 a Comisión Europea abriu un expediente a España, por outra banda a Unesco xa expresara con anterioridade a posibilidade de retirar a figura de Reserva da Biosfera.
Das 1750 ha consideradas como inundables, a auga cubriu nos últimos tres anos 35, 267 e 158 ha respectivamente (antes dos trasvases aprovados polo ministerio).
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
7:35
0
comentarios
lunes, 26 de abril de 2010
En España hai máis de medio millón de empregos verdes, un 2,62 % da poboación ocupada
O emprego en actividades relacionadas co medioambiente en España representa xa o 2,62% da poboación ocupada cun total de 530.947 postos de traballo. Este é un dos datos do informe Emprego Verde nunha economía sostible elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE) e a Fundación Biodiversidade dentro dunha iniciativa do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. A finalidade é coñecer mellor as posibilidades de xeración de emprego vinculadas coas actividades ambientais.O incremento do denominado emprego verde en España na última década foi do 235%. Excluíndo as partidas que neste estudio non se consideran emprego verde sobre a estimación de 1998, o cambio experimentado entre este ano e a actualidade é moi considerable ó pasar de uns 158.500 postos de traballo en 1998 a case 531.000 en 2009, máis do triple.
PRINCIPAIS SECTORES
O 20,6% do total de empregos verdes actuais concéntranse no sector de renovables, no que se ocupan 109.368 postos de traballo, cifra que só é superada polo sector adicado á xestión e tratamento de residuos , con 140.343 postos de traballo. O sector de renovables é o que máis creceu, multiplicándose por 30 o número de empregos nunha década.
A agricultura e gandería ecoloxistas representan un 9,48% do total de empregos verdes en España, pero atópanse en plena expansión. De feito, as enerxías renovables e a agricultura ecolóxica presentan un gran potencial para a xeración o reconversión de postos de traballo.
As cifras de emprego verde incrementaranse nos próximos anos co marco normativo que empurra cara un novo modelo económico máis sostible, segundo sinala o informe, destacado os novos xacementos de emprego en sectores emerxentes.
NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO VERDE
A economía sostible ten nas actividades de xestión de residuos e nas enerxías renovables os seus principais xeradores de emprego. Os campos das tecnoloxías da información e a comunicación, a rehabilitación e edificación sostible, o turismo sostible, actividades específicas relacionadas coa mitigación ou adaptación ó cambio climático, a mobilidade e transporte sostibles, a economía da biodiversidade, os cultivos agroenerxéticos, o sector do automóbil ecoeficiente e a ecoloxía industrial, son algúns dos novos xacementos de emprego verde que presentan un alto potencial laboral.
A rehabilitación ecoenerxética e a mitigación e adaptación ó cambio climático serán protagonistas de importantes incrementos de emprego verde xunto co sector das enerxías renovables en España e o transporte sostible.
Estimacións apuntan que para 2020 os sectores ambientais emerxentes (ecoindustria, enerxías renovables, edificación sostible, turismo sostible, agricultura ecolóxica e transporte sostible) terán un incremento de máis de un millón de empregos.
Avanzar cara unha economía sostible con leva un novo despegue de emprego que conxuga a xeración de beneficios, a redución das desigualdades sociais e a protección e mellora do entorno mediante a inversión nunha nova serie de activos baseados nas tecnoloxías limpas e eficientes, na ecoinnovación e nas enerxías renovables.
"O modelo produtivo debe oriéntase cara procesos menos intensivos en materia, enerxía e carbono, o cal irá consolidando, a súa vez, unha resposta estratéxica para facer fronte ó cambio climático".
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
9:10
0
comentarios
España está a desaproveitar o seu potencial en plantas aromáticas
Así o sinalou a científica, Mª Ángeles Cases, do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA).
Neste laboratorio de plantas mediciñais e aromáticas, os científicos estudian as poblacións silvestres, extráenlle despois, por destilación, os aceites esenciais do vexetal e analizan as sustancias aromáticas.
Planta de orégano
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:35
0
comentarios
jueves, 22 de abril de 2010
40 aniversario do Día da Terra
O 22 de Abril de 1970 celebrouse por primeira vez o Día da Terra, o seu obxectivo era concienciar a sociedade dos problemas co desenrolo humano provocaba na natureza.Hoxe o planeta vólvese a vestir de verde. Fai corenta anos o senador Wisconsin Gaylord Nelson inspirou este acontecemento. A súa idea era desenrolar unha axencia medioambiental, e gracias a presión de máis de dos mil universitarios, dez mil escolas de primaria e secundaria e centenares de comunidades americanas (mobilizou a uns 20 millóns de persoas), púxose en marcha a Environmental Protection Agency.
O obxectivo principal da conmemoración deste día é crear unha conciencia común os problemas da contaminación, da conservación da biodiversidade e outras preocupación ambientais para protexer o planeta.
Gracias a esta iniciativa xurdiron outras actividades que pretenden fomentar o coidado do medio ambiente e concienciar a sociedade dos perigos da contaminación e o desenrolo desmesurados. É o caso da “hora do planeta” que este ano conseguiu que máis de mil millón de persoas en todo o mundo apagaran a luz durante unha hora.
Entidades públicas e privadas, ONG, centros universitarios, colexios e organizacións de todo o mundo aproveitan esta celebración para insistir en que o desenrolo debe respectar o medio ambiente.
En Galicia centos de colexios e universidades entre outras entidades, celebrarán este día con actividades que nos recordan que os recursos do planeta son limitados, e que o noso deber é de conservalo.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
7:42
0
comentarios
jueves, 15 de abril de 2010
Puma reinventa o packaging de zapatos
Traballando xunto co deseñador industrial Yves Béhar, Puma ven de crear un envoltorio que utiliza un 65% menos de cartón que antes e elimina o laminado para facilitar a reciclaxe. Ademais, tamén prescindiu do papel de seda que normalmente envolve o calzado.
A compañía tamén prescindirá das bolsas de plástico e, no seu lugar, utilizará un envoltorio creado con PET reciclado.
"Durante 21 meses, estudamos caixas e sistemas de distribución. Cómo dobralos, cómo transportalos e cómo reducir o espacio que ocupan. Ó final decidimos quitalo completamente de en medio. Creamos a "clever little bag" (pequena bolsa intelixente). ¿Por qué é intelixente? (...). A estrutura de cartón está creada de unha peza sen necesidade de utilizar outros materiais. A bolsa non está cosida, o que significa menos traballo e menos residuos. A bolsa, ademais, é un elemento potente de branding. Cando compras algo dunha tenda, sales con ela en vez dunha bolsa de plástico e tamén se empregará posteriormente para gardar os teus zapatos en maletas", explica Behar no seu blog.
A compañía estima que con este cambio aforrará 8.500 toneladas de papel, 20 millóns de mega joules de electricidade, un millón de litros de auga, 500.000 litros de gasóleo e 275 toneladas de plástico.
Estes cambios introduciranse a partir de 2011.
- As camisetas dóbranse unha vez máis do normal para reducir o packaging nun 45%.
- O packaging da roupa está creado con estrato de millo biodegradable.
- O envoltorio de novo móbil de Puma é 100% reciclable.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
9:13
0
comentarios
miércoles, 14 de abril de 2010
A industria galega cumpre por primeira vez o Protocolo de Kioto

Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:16
0
comentarios
martes, 13 de abril de 2010
O quentamento global en España
As temperaturas medias subiron na peninsula Ibérica o redo de 0,5 ºC por decenio dende 1975, cantidade similar á que se rexilstrou en Europa, pero un 50% superior o quentamento do resto do hemisferio norte e casi tres veces máis cá media do planeta. Así o indica o informe Clima en España: pasado, presente e futuro, elaborado pola Red Temática Clivar, presentado onte pola Secretaría de Estado de Cambio Climático.As conclusión preven para finais do século XXI en España un aumetno das temperaturas de ata 6ºC ne verán e de 2-3ºC en inverno, un 50% menos de precipitación de promedio, principalmente en verán, un incremento da aridez e períodos máis longo de eventos extremos, como precipitación e sequías.
Sen embargo, segundo informou Ileana Blade, investigadora da Universidade de Barcelona e que forma parte da Rede Clivar, na actualidade as temperaturas medias en España atópanse nun período de "estancamento". " Aínda que aumenten as temperturas, poderemos seguir vivindo momentos de estancamento e anos con invernos moi fríos". E agregou que o quentamento foi uniforme en tódalas estacións do ano, pero que nos últimos 30 foi moito máis pronunciado en primavera e verán.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
7:32
0
comentarios
miércoles, 7 de abril de 2010
O novo seguro verde para as empresas
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
8:04
0
comentarios
lunes, 5 de abril de 2010
O tectán, un material para a sustentabilidade

A produción e uso deste material atópase cada vez máis estendido en Europa. A tecnoloxía para a súa fabricación tivo a súa orixe en Alemaña, gracias ó impulso dado pola propia empresa Tetra Pak. Tamén China e algúns países sudamericanos, como Chile, impulsaron a súa fabricación e uso como material recomendable para a protección do medio ambiente.
Os produtos fabricados con tectán posúen a mesma calidade e resistencia que os produtos fabricados con madeira, e a súa presentación tamén é similar, xeralmente en forma de táboas ou pranchas de 30x30x1 cm coas que se fabrican mobles, mesas e cadeiras, etc. As propiedades deste material confiren resistencia e durabilidade ós artigos confeccionados, é reciclable ó 100% e non incorpora produtos tóxicos ou perigosos. Ademais, o tectán non se astilla nin se greta, non conduce a electricidade e é inaccesible á acción de fungos ou insectos, o que o convirte nun material con múltiples aplicacións.
O proceso de fabricación do tectán pasa polas seguintes etapas:- Os briks sepáranse do resto de envases, lávanse para eliminar impurezas e restos de alimentos, sécanse e son triturados en pequenos fragmentos duns 3 mm. A continuación esténdense nunha capa de espesos desexado.
- O material prénsase e quéntase ata unha temperatura de 170ºC. Durante o prensado contrólase a temperatura e a presión aplicada.
- A calor funde o polipropileno (PP) unindo a fibra densamente comprimida e os fragmentos de aluminio nunha matriz elástica, sen necesidade de engadir ningún tipo de cola ou produtos químicos.
- A matriz resultante sométese a un proceso de arrefriamento moi rápido, formando un duro aglomerado cunha superficie de acabado brillante e impermeable.
Publicadas por
Departamento Medio Ambiente
a la/s
9:30
2
comentarios







